marco
Artigos de opinión
George Steiner e os “damnificados da literatura galega”
Xurxo Martínez Crespo
Isabel Bugallal, de La Opinión de A Coruña, preguntoulles a un fato de “notabéis” verbo as declaracións de George Steiner sobre a literatur...
Bolívia: À esquerda não basta ganhar eleições!
Ivan Pinheiro
A dificil situação da Bolívia depois do referendo de 10 de Agosto analisada por Ivan Pinheiro tem, entre outros méritos, o de de ser feito por...
Xogar con vantaxe
Manuel Mera
Seica imos ter eleicións anticipadas, diante do temor do PSOE autóctono de perder votos a medida que se agrave a crise económica, polo que se di...
A Coruña A Coruña
21/8/2008 As indemnizacións ascenden a 50.000 euros
Ullacargo non paga indemnizacións
Sete traballadores despedidos da empresa de transportes “Ullacargo” aínda non cobraron as indemnizacións, que ascenden a un total de 50.000 euros, pese a que perderon o seu posto hai xa máis de dous meses. De non haber unha resposta inmediata as súas demandas, os operarios protestarán diariamente, en Bens (A Coruña), fronte ás instalacións de “CLH”, empresa de almacenamento de hidrocarburos que é un dos principais provedores de “Ullacargo”.
11/8/2008 Este departamento autonómico quere eliminar estas prazas para recorrer aos servizos de empresas privadas
En defensa dos servizos públicos
O Comité de Empresa provincial da Coruña da Consellaría de Presidencia presentará alegacións ao proceso de amortización de 42 postos emprendido polo departamento dirixido por José Luis Méndez Romeu. Presidencia desatendeu as alegacións dos sindicatos, co que segue adiante con este plan, que supón a privatización de servizos públicos.
1/8/2008 Un operario resulta ferido despois de recibir unha descarga eléctrica
Obras do porto exterior de A Coruña
Un obreiro da UTE-Langosteira resultou ferido nun accidente ocorrido nas obras do porto exterior contra as 23:00 horas do 31 de xullo. O operario, condutor de camión, caeu cara atrás tras recibir unha descarga eléctrica cando, por orde do encargado, estaba a limpar cunha mangueira o seu vehículo, que estaba situado xusto enriba dun cadro eléctrico.
24/7/2008 A empresa pretende impedir a participación da central nas eleccións
Protesta en Isidro de la Cal 1 20080724
A empresa de elaboración de produtos pesqueiros “Isidro de la Cal” despediu unha segunda candidata da CIG en menos de quince días. A compañía pretende, con estas represalias, impedir que o sindicato nacionalista poida concorrer ás eleccións previstas para o 29 de xullo no centro de traballo de Espírito Santo. A CIG impugnará estas votacións.
18/7/2008 CIG-Servizos maniféstase na nave da empresa no polígono de Espírito Santo (Cambre)
Isidro de la Cal 1
Membros da CIG-Servizos, da Unión Comarcal coruñesa e traballadores concentráronse o 18 de xullo no polígono de Espírito Santo (Cambre) na nave de “Isidro de la Cal”, empresa dedicada á elaboración e comercialización de produtos pesqueiros. Os sindicalistas protestan polo despedimento dunha traballadora que é candidata da CIG nas eleccións que se han celebrar nas próximas semanas na empresa.
17/7/2008 Paulo Carril, secretario comarcal da CIG na Coruña
Paulo Carril
A comezos de semana saltaba a todos os medios nacionais, estatais e mesmo internacionais a noticia de que MARTINSA-FADESA solicitaba un concurso voluntario de acredores, proceso antes coñecido como suspensión de pagamentos. Paulo Carril, secretario comarcal da CIG e asesor da central no conflito, amosa nesta entrevista o punto de vista do sindicato nacionalista a respecto desta crise, paradigma claro da economía especulativa.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS