marco
Artigos de opinión
Terremoto de longa duração
Boaventura de Sousa Santos
Consiste na convulsão social e política que vai decorrer da destruição progressiva do chamado modelo social europeu – uma forma de capitalis...
Crônica da estagflação anunciada
Celso Lungaretti
A que se deve este apagão na economia mundial, após tantos anos de crescimento significativo? Será que tudo se reduz mesmo a um mero desleixo d...
Europa: A Presidência francesa
Ilda Figueiredo
A Presidência Francesa do Conselho da União Europeia iniciou o seu mandato num momento muito complexo da sua evolução, com posições cada vez...
Novas escravidões
Eduardo Bomfim
Ferrol Ferrol
4/7/2008 A sentenza recoñece que tanto a quilometraxe como a carga de traballo era excesiva
Logo Correos
O Xulgado do Social nº1 de Ferrol vén de revogar a sanción de suspensión de emprego e soldo dun mes á traballadora eventual de Correos que presta os seus servizos na zona do Seixo, dependente da Oficina de Fene. Correos deberá reporlle o salario de 1.301 euros que deixou de percibir no mes de abril, cando se cumpriu a sanción.
23/6/2008 Proseguen as protestas da CIG - Saúde
Mobilización Arquitecto Marcide Ferrol
Medio cento de técnicos superiores e de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría do SERGAS mobilizouse o 23 de xuño no Hospital Arquitecto Marcide en demanda dunha reclasificación xusta dos seus postos. Os e as traballadoras trasladaron as súas protestas nunha marcha desde o despacho de Recursos Económicos até o de Recursos Humanos. CIG-Saúde convocou ese día concentracións simultáneas en todos os hospitais públicos do país.
10/6/2008 Celebrado o primeiro dos xuízos por despedimentos de obreiros inmigrantes
Primeiro xuízo contra Eshor 1
A CIG de Ferrol solicita a intervención do Ministerio Fiscal en Eshor por unha “fraude masiva aos traballadores, a Facenda e á Seguridade Social”, pois a construtora obriga a asinar baixas voluntarias a moitos dos seus empregados estranxeiros e despide aqueles que sofren un accidente laboral ou caen enfermos.
6/6/2008 Está prevista para o día 10 de xuño, ás 8:45 horas diante dos xulgados
A dirección comarcal da CIG de Ferrol acordou, na súa xuntanza do 15 de maio, facer un chamamento á participación na concentración convocada para o próximo día 10 de xuño ás 8:45 horas, diante dos xulgados, baixo o lema “Eshor abusa das/os traballadoras/es. Contra a explotación laboral: traballadores/as do mundo unidos”. A convocatoria de concentración coincide cun xuízo pola denuncia dun traballador inmigrante contra a empresa, que “se ten caracterizado nos últimos tempos por ter unha posición belixerante contra da nosa Central Sindical”, explican.
16/5/2008 A CONSTRUTORA FRETOU UN BUS E VARIAS FURGONETAS PARA TRASLADAR EMPREGADOS DESDE MADRID A FERROL
Eshor 1
Ferrol viviu un feito insólito na tarde do 15 de maio. A construtora Eshor organizou unha protesta fronte ao local da CIG na que mobilizou algo máis dun centenar de traballadores, na súa inmensa maioría inmigrantes. A empresa fretou un autobús e varias furgonetas para trasladar obreiros desde Madrid a Ferrol.
8/5/2008 No acto lembrouse o seu papel a prol da integración das/os inmigrantes
Homenaxe a Marga Bellas
O pasado 6 de maio celebrouse en Ferrol a homenaxe á compañeira sindicalista Marga Bellas. No acto, organizado pola Asociación de Migrantes de Ferrolterra (ASMIREFE), da que ela foi fundadora, lembrouse o seu activo papel a prol da integración das mulleres e homes migrantes na comarca, alén do seu compromiso como sindicalista da Confederación Intersindical Galega.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS