31/7/2008
A UGT impugnara o laudo arbitral polo que se anulaba o acto, a petición da CIG
O xulgado do Social nº 1 de Ourense vén de
publicar a sentenza pola que se anula definitivamente o proceso electoral sindical
do persoal laboral do concello do Carballiño, avalando a impugnación realizada pola
CIG e o consecuente laudo arbitral. Queda así desestimada a demanda da UGT, que
pretendía a revogación dese laudo e a validez do proceso.
31/7/2008
Ademais de IPISA adebédanse nóminas en FERLOSA, CUPIGA, PEBOSA e IPIGA
Desde a CIG de Valdeorras veñen de alertar da
intención de varias empresas do sector da lousa como IPISA, FERLOSA, CUPIGA,
PEBOSA ou IPIGA de xustificar os atrasos que se están a producir no pagamento
das nóminas ás traballadoras e traballadores alegando problemas relacionados
coa crise económica.
30/7/2008
Falta de seguridade laboral
Desde a CIG de Ourense están a facer visitas aos centros de traballo pertencentes á Consellaria de Medio Rural desta provincia e, atoparon problemas reais para o desenvolvemento do traballo con seguridade e saúde laboral. Até o de agora, a CIG presentou dúas denuncias ante á Inspección de Traballo, solicitando a paralización inmediata dos traballos nas torretas de vixilancia “Coto de Castro” pertencentes ao Distrito Forestal XII Miño – Arnoia e “Serra de Meda”, do Distrito Forestal XIV Verín – Viana, polo incumprimento grave das medidas de seguridade e do establecido na Lei de Prevención de Riscos Laborais e nos Regulamentos que a desenvolven.
28/7/2008
Ten que indemnizar á CIG con 3.000 € por vulneración do dereito á liberdade sindical
O xulgado do Social nº 3 de Ourense vén de
condenar á empresa Antela Estación de Servizo S.L. a indemnizar á CIG con 3.000
€ por ter violado o dereito fundamental de liberdade sindical ao despedir a dúas
traballadoras, candidatas da CIG, para impedir a súa concorrencia ás eleccións
sindicais.
22/7/2008
Os traballadores reclaman o salario de xuño e a paga extra
Os traballadores e traballadoras de
Iberoitaliana de Pizarras (IPISA) irán á folga os días 29, 30 e 31 de xullo se
non se lles abona o salario do mes de xuño e máis a paga extra. Non é a
primeira vez que teñen que mobilizarse para cobrar os salarios atrasados –o ano
pasado por estas datas xa ocorrera algo semellante-, e a situación adoita empeorar
nos meses de verán.
21/7/2008
A CIG presentou unha demanda de tutela do dereito de liberdade sindical e folga
Os traballadores e traballadoras do concello de Xinzo da Limia sumáronse, este martes 22 de xullo, á folga de dúas horas (das 12:30 ás 14:30) convocada pola CIG. Unha mobilización que tiña como obxectivo reclamar a negociación do convenio colectivo e que se definan as bases de contratación do persoal laboral temporal. Os traballadores tamén denunciaron os incumprimentos do concello en materia laboral.