marco
Artigos de opinión
Esquerdas nacionalistas?
Santiago Alba Rico
O recoñecemento de que a lóxica das clases e a lóxica dos territorios se cruzan no marco da globalización capitalista debe levar a un exercici...
A luta pela redução da jornada de trabalho
Ricardo Antunes
A luta atual pela redução da jornada de trabalho e a luta pelo direito ao trabalho, ao invés de serem excludentes, tornam-se necessariamente co...
O que nos levou à crise e como sair dela
Sam Webb
A turbulência nos mercados financeiros e o socorro no montante de US$ 700 bilhões, fez a opinião pública olhar com ira para Wall Street e Wash...
Os antecedentes da tormenta
Luiz Gonzaga Belluzzo
Vigo Vigo
10/10/2008 Ambiente positivo e boa participación
Xornadas sindicalizar desde a diversidade I
Na residencia de tempo libre de Panxón desenvolveuse a xornada "Sindicalizar desde a diversidade", na que participaron delegadas e delegados sindicais, nun encontro que tiña como obxectivos ser un espazo de convivencia onde potenciar actitudes de encontro, diálogo, coñecementos, e que aporte ferramentas práticas que logo se podan utilizar no traballo tanto sindical como na vida persoal das e dos asistentes.
10/10/2008 Complicidade na aprobación das autoridades laborais
Mobilización Faurecia Asientos de Gz I
Traballadores de Faurecia Asientos de Galicia comezaron este venres 10 de outubro, primeiro dia do ERE aprobado pola Xunta e a Inspección de Traballo, unha serie de mobilizacións diante da sede destas entidades para denunciar a complicidade das autoridades laborais na aprobación duns expedientes de regulación de emprego que afectará en primeira instancia ao traballo dos catro venres deste mes de outubro e aos cincocentos empregados que traballan nesta factoría auxiliar do automóbil.
9/10/2008 O 6 de novembro serán xulgados catro compañeiros
Folga naval
A CIG Metal de Vigo vén de editar e distribuir material informativo para dar a coñecer ao conxunto dos traballadores do naval de Vigo cuestións como o debate sobre o convenio colectivo que se iniciou na asemblea de delegados deste sector, ou a situación de incumprimento do convenio que se está a dar polo alto número de traballadores estranxeiros, aos que non se lles está a pagar segundo o convenio. Tamén se da a coñecer a proposta da CIG para que o 6 de novembro se realice un paro no naval, xa que ese día terá lugar o primeiro xuízo contra catro traballadores do naval, e a CIG propón ao resto de centrais sindicais realizar unha concentración diante dos Xulgados, en solidariedade con estes compañeiros porque "teñen que saber que un castigo a estes compañeiros é unha sentenza contra todo o metal, e non podemos toleralo".
6/10/2008 Terá lugar este mércores 8 de outubro en Panxón
Rolda de prensa sindicalizar desde a diversidade
Placer Vila, secretaria de organización da comarca da CIG de Vigo e secretaria comarcal da Muller, e Ester Mariño, técnica de Igualdade da CIG de Vigo presentaron en rolda de prensa este luns 6 de outubro a xornada “Sindicalizar desde a diversidade”, que terá lugar este mércores 8 de outubro na residencia de tempo libre de Panxón. Esta xornada pretende “ser un espazo de convivencia onde potenciar actitudes de encontro, diálogo, coñecementos e que aporte ferramentas práticas que logo se podan utilizar no traballo tanto sindical como na vida persoal das e dos asistentes”.
2/10/2008 Inspección de Traballo emitiu un informe favorábel ao respecto
Asientos coche
En referencia ao ERE solicitado por Asientos de Galicia SL (Faurecia), que afecta a 99 traballadores da Liña 2 (C4 Picasso e Xsara Picasso) para os días 3, 10, 24 e 31 de outubro de 2008, e sendo aprobado pola Consellaria de Traballo o 29 de setembro de 2008, o Comité de Empresa desta factoría amosou, a través dun comunicado de prensa, o seu "total desacordo" coa actuación da Autoridade Laboral, por aprobar este informe, asi como criticou a emisión dun informe favorábel na aprobación deste ERE da Inspección de Traballo.
2/10/2008 Sector de Telemárketing
Eleccións sindicais CIG Bosch
O 30 de setembro celebráronse as eleccións sindicais na empresa Bosch de Telemárketing en Vigo; elixíanse 17 membros do Comité de Empresa e a candidatura da CIG acadou a maioría absoluta con 12, CCOO 4 e UGT 1. Nestas eleccións a CIG pasou de 7 representantes (que obtivera en dous procesos anteriores de ampliación do comité) a 12, mentres que CCOO baixou de 8 representantes a 4 e UGT de 2 a 1.