18/6/2008
Entrevista ao dominicano Narciso Isa Conde
Rescatamos polo seu interese unha entrevista mantida co pensador dominicano Narciso Isa Conde, na que nos da a coñecer a invisibilizada realidade da República Dominicana, realizando unha radiografía da situación actual a nivel político, económico e social.
18/6/2008
Entrevista a Mini e Mero
Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, coñecidos popularmente como Mini e Mero, levan máis de trinta anos difundindo o noso acervo cultural a través da música. Mini e Mero representan a coherencia e a honestidade daquelas persoas que non claudican ante as modas e que non están dispostas a edulcorar a súa mensaxe en función dos tempos. Os dous músicos, mestres de profesión, avalían nas seguintes liñas a súa traxectoria, caracterizada por un compromiso inquebrantábel co país e coa súa xente, desde os seus comezos en “Fuxan os ventos” até “A Quenlla”.
5/6/2008
Roberto Alonso, Secretario comarcal de CIG Servizos de Compostela
A principios do mes de maio o cadro de persoal de Galicia Dixital quedaba sen emprego tras 8 anos de traballo continuado na exposición. Roberto Alonso, secretario comarcal de CIG-Servizos de Compostela, explica as causas polas que se envía ao paro a 10 traballadoras e 1 traballador e responsabiliza á Xunta de Galiza, nomeadamente ao seu Presidente, Emilio Pérez Touriño, deste conflito.
29/4/2008
Xornada de folga contra a deslocalización
O 29 de abril a factoría de Draka Cables, no concello de Mos, amencía fechada e cos traballadores e traballadoras no exterior destas instalacións para demandar que se escoiten as necesidades e demandas dos traballadores neste novo caso de peche de empresa e deslocalización. Entrevistamos a Alberto Millara, presidente do Comité de Empresa, e delegado da CIG para falar máis polo miúdo deste conflito.
21/4/2008
Nestor Kohan, investigador arxentino
A continuación reproducimos unha entrevista co arxentino Néstor Kohan, que aproveitando a súa visita por Galiza, achéganos a súa visión da situación na Arxentina, asi como en Latinoamérica, e distintas reflexións sobre o momento actual e a vixencia do marxismo e a necesidade da formación política nos movementos sociais e políticos.
6/2/2008
Manuel Currás Meira, secretario confederal de Emprego da CIG
Falamos co secretario de Emprego da Executiva Confederal da CIG para analizar e tratar de preto os datos económicos que se deron a coñecer a comezos do mes de febreiro de desemprego. Cuestións como a emigración da mocidade, a situación no sector da Construción ou a necesaria conciliación da vida laboral e familiar para as mulleres que están xa masivamente incorporadas ao mercado laboral son temas que tamén saen á luz nesta entrevista.