marco
Artigos de opinión
Reunião do G20: Um monumento à banalidade
Fernando J. Cardim de Carvalho
A reunião foi um monumento à banalidade, uma festa de despedida para um presidente que deixará poucas saudades e um palco para líderes que pre...
A impostura de Obama
Silvia Bermúdez Pérez
Semella que o planeta Terra vive no éxtase do orgasmo colectivo. A brillante campaña de mercadotecnia do negro que fala como o Home Branco acado...
A nova esquerda alemã: Die Linke
João Alexandrino Fernandes
A segunda grande evolução da construção da nova esquerda ocorreu a partir de 2004. Nesse ano foi criado um novo movimento político, e que se ...
Non nos resignamos
Xabier Pérez Igrexas
Administración Administración
10/11/2008 O acordo, asinado en 2005, recolle as melloras das condicións de traballo e un incremento da produtividade
centro penitenciario
A sección de Institucións Penitenciarias da CIG-Administración vén de denunciar o incumprimento do acordo asinado o 29 de marzo de 2005 entre o Ministerio do Interior, concretamente a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, e varias organizacións sindicais representativas do sector, entre as que se atopa a CIG. O acordo recolle melloras das condicións de traballo, incremento da produtividade e optimización do funcionamento da Administración Penitenciaria.
5/11/2008 Representantes sindicais remítenlle unha carta á ministra coas propostas da central
concentracion administracion 3
Un cento de delegados/as da Área Pública da CIG, que engloba as federacións de Administración Pública, Ensino e Saúde, concentráronse o 5 de novembro diante da Delegación do Goberno español na Coruña para rexeitar o último acordo retributivo atinxido na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas.
3/11/2008 As federacións da área pública da CIG denuncian a perda do poder adquisitivo e os límites á oferta do emprego público
area pública RP 3/11/08
As tres Federacións da Área Pública da CIG, Administración Pública, Ensino e Saúde, convocaron unha concentración de delegados/as diante da delegación do Goberno, na Coruña, o 5 de novembro para rexeitar o acordo retributivo para as/os empregadas/os públicos da Mesa Xeral de Madrid para o vindeiro ano. Ademais, entregarase unha carta dirixida a ministra de Administracións Públicas na que se recollen as reivindicacións da central.
31/10/2008 Sindicalistas e persoal protagonizan unha concentración na capital das Mariñas
Xulgados Betanzos 1
A sección sindical da CIG na Administración de Xustiza da Coruña reclama a constitución dun cuarto xulgado en Betanzos posto que os existentes están desbordados de traballo. O partido xudicial conta con 17 concellos e cunha poboación de 80.000 habitantes.
25/9/2008 A entidade non deu resposta a ningunha das demandas das/os traballadoras/es
CIG-Correos Bertamiráns 1
O pasado mes de xuño CIG-Correos poñía en marcha unha campaña de mobilizacións en demanda do reforzamento do cadro de persoal desta entidade no concello de Ames. Un reforzamento imprescindíbel para garantir o reparto postal diario, non só na zona rural do concello, senón mesmo nas urbanas de Bertamiráns e o Milladoiro, onde non supera as dúas veces por semana.
18/9/2008 O actual Acordo está caducado desde o mes de decembro de 2007
axentes forestais RP 18/09/08
A CIG-Autonómica vén de anunciar que adoptará medidas de presión se non se convocan, antes do día 26 de setembro, ás partes implicadas para acadar un acordo que garanta a mellora das condicións de traballo dos axentes forestais e medioambientais da Xunta de Galiza. CIG-Autonómica lembra que o actual está caducado desde finais de 2007 e que non foi posíbel chegar a un novo pola falta de entendemento entre as consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente.