marco
Artigos de opinión
Reunião do G20: Um monumento à banalidade
Fernando J. Cardim de Carvalho
A reunião foi um monumento à banalidade, uma festa de despedida para um presidente que deixará poucas saudades e um palco para líderes que pre...
A impostura de Obama
Silvia Bermúdez Pérez
Semella que o planeta Terra vive no éxtase do orgasmo colectivo. A brillante campaña de mercadotecnia do negro que fala como o Home Branco acado...
A nova esquerda alemã: Die Linke
João Alexandrino Fernandes
A segunda grande evolução da construção da nova esquerda ocorreu a partir de 2004. Nesse ano foi criado um novo movimento político, e que se ...
Non nos resignamos
Xabier Pérez Igrexas
Construción Construción
12/11/2008 Terán lugar do 4 ao 8 de decembro
Manifestación en defensa da lousa Quiroga IV
Con motivo da situación pola que estan a pasar as traballadoras e traballadores da lousa, constutuíse un comité organizador de eventos deportivos en apoio destas compañeiras e compañeiros que nestes momentos se atopan sen traballo. Disputaranse tres encontros deportivos do 4 ao 8 de decembro, aos que se pode asistir cun bono único de dez euros, que se pode mercar nos locais das centrais sindicais.
11/11/2008 CIG e comité esixen a readmisión dos operarios
Protesta na UTE-Langosteira
Integrantes do comité de empresa da UTE-Langosteira (encargada da construción do porto exterior da Coruña) e membros da CIG cortaron, desde as 07:00 até as 09:30 horas do 11 de novembro, os accesos ás obras da nova dársena e retrasaron a incorporación da quenda da mañá hora e media, en protesta polo despedimento de oito obreiros.
7/11/2008 Esta empresa da pedra botara 30 operarios na súa planta de Guitiriz
Sentenza Ingemarga
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) declarou improcedentes os 30 despedimentos de operarios da planta de Ingemarga en Guitiriz que foran botados pola empresa por negárense a traballar as fins de semana. O fallo xudicial ordena Ingemarga a readmitilos nos seus postos co conseguinte abono dos salarios de tramitación. De non aceptar esta opción, a empresa tería que indemnizalos e desembolsar preto dun millón de euros.
28/10/2008 Nas reformas do Banco Gallego traballan sen protección
Tubos de amianto
A CIG-Ourense denunciou diante da Inspección de Traballo e da Seguridade Social que nas reformas do edificio do Banco Gallego desta cidade se están a incumprir as medidas de saúde laboral, no que ten a ver co tratamento do amianto. Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG de Ourense, subliña que como consecuencia do desentullo, estanse a retirar tubarias e placas de fibrocemento (con elevado contido de amianto) que son cortadas e destruídas son medida de protección algunha e depositadas nun contedor de obra que hai na vía pública
17/10/2008 Alumnos e ex alumnos apoiados pola Federación da Construción
Xaquín Agulla
A Federación da Construción e Madeira da CIG de Pontevedra convocou unha rolda de prensa o venres 17 de outubro ás 12 no local comarcal sindical para presentar a Asociación de Canteiros de Poio, constituida por alumnos e ex alumnos da Escola de Canteiros. A criación desta asociación débese á necesidade de loitar para acadar a homologación do titulo profesional expedido por dita escola.
13/10/2008 Contra o ERE e polo investimento real na factoría
Mani cedonosa 12 de outubro
Máis de 1.500 persoas mobilizáronse o domingo 12 de outubro desde as doce da mañá en Catoira contra o expediente de regulación de emprego exposto pola dirección da fábrica de cerámica de Cedonosa situada neste concello pontevedrés. A mobilización estaba convocada polo Comité de empresa, CIG, CCOO e UGT, e contou co apoio masivo do pobo de Catoira, que volveu encher as rúas desta vila en defensa dos postos de traballo e pola viabilidade desta empresa.