27/8/2008
A Consellaría de Sanidade mantén na indefensión os choferes deste servizo de urxencias
Os axentes da Garda Civil de Tráfico poderán seguir multando os condutores das ambulancias do 061. A Consellaría de Sanidade, organismo do que depende o servizo “Urxencias Sanitarias de Galicia-061”, permanece indiferente e non realiza as xestións oportunas perante a “Dirección General de Tráfico” para evitar que estes traballadores sexan sancionados no desempeño diario da súa profesión.
21/8/2008
As indemnizacións ascenden a 50.000 euros
Sete traballadores despedidos da empresa de transportes “Ullacargo” aínda non cobraron as indemnizacións, que ascenden a un total de 50.000 euros, pese a que perderon o seu posto hai xa máis de dous meses. De non haber unha resposta inmediata as súas demandas, os operarios protestarán diariamente, en Bens (A Coruña), fronte ás instalacións de “CLH”, empresa de almacenamento de hidrocarburos que é un dos principais provedores de “Ullacargo”.
7/8/2008
Por volta de 2.500 operarios traballan nesta actividade na Galiza
Os traballadores/as do sector de produtos elaborados do mar, que en Galiza emprega aproximadamente 2.500 persoas, perciben 700 euros netos ao mes polo desempeño dunha actividade dura que require de grande esforzo físico. A CIG sopesa convocar unha folga no sector de non mellorar as condicións retributivas e laborais na negociación do convenio.
17/7/2008
A “Estación de Servicio Bens S.L.” terá que o readmitir
O Xulgado do Social número 3 de A Coruña ditou unha sentenza que declara a nulidade do despedimento dun traballador da “Estación de Servicio Bens S.L.”, que a empresa botou despois de se acoller a un permiso por paternidade. O fallo obriga a gasolineira a readmitilo e a pagarlle os salarios de tramitación.
3/7/2008
Tamén están imputados os responsábeis das empresas HELICSA e REMASA
O Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol vén de admitir a trámite a querela criminal presentada pola CIG contra sete altos cargos do Ministerio de Fomento e contra os máximos responsábeis das empresas HELICSA e REMASA pola súa actuación no naufraxio do “Cordero”. A central entende que todos eles cometeron delitos de “homicidio imprudente por omisión” e “contra os dereitos dos traballadores”.
30/6/2008
Esta empresa téxtil coruñesa pretendía deslocalizarse e despedir 70 traballadoras
O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 de A Coruña desestimou o recurso que interpuxera a empresa téxtil MAFECCO contra a resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta que desautorizaba o Expediente de Regulación de Emprego que presentara a firma en 2006. MAFECCO pretendía deslocalizar a súa planta de Arteixo a China e despedir 70 traballadoras.