3/7/2008
Eleccións parciais por aumento de persoal
O venres 27 de xuño tiveron lugar as eleccións sindicais en Viza, nas que a CIG gañou por maioría absoluta. Estes comicios eran eleccións parciais ao pasar de máis de 500 empregados nesta factoría.
26/6/2008
Foi a forza sindical máis votada
Celebradas as eleccións en Asientos de Galicia, do Grupo Faurecia, con maioría da CIG.
25/6/2008
ERE de 5 días para finais deste mes
O mércores 25 de xuño tiña lugar unha rolda de prensa no local da CIG de Pontevedra, na que os tres membros do Comité de Empresa da CIG en Treves amosaban o seu rexeitamento á proposta de expediente de regulación de emprego que deixaría sen traballo á maioría dos traballadores desta factoría a finais deste mes de xuño.
24/6/2008
Os dous son afiliados á CIG
O martes 24 de maio comezou unha folga indefinida no centro de traballo de Barreras da empresa Montajes Nervión SA (Monesa) polo despedimento de dous traballadores, afiliados á CIG. A folga é de dúas horas, de 10. 15 a 12.15 e o seguimento está a ser total.
13/6/2008
Exixen apoio da Xunta
Os 100 traballadores e traballadoras da
empresa de cableado Draka, ubicada en Mos, acudiron o venres 13 de
xuño a Vigo, onde celebraron unha manifestación na que
reclamaron á empresa unha "recolocación digna",
asi como exixiron á Administración que lles axude a
lograr unha solución ao problema xurdido desde que a dirección
da empresa anunciara o peche da planta a finais deste ano.
6/6/2008
Desde maio a dirección cambioulle as quendas
Os traballadores de Rafer, unha empresa do Metal de Vigo, comezaron a mobilizarse o venres 6 de xuño en contra do cambio de horario que lles impuxo a empresa, e que obriga a estes traballadores, que sempre tiveron dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, a realizar desde maio unha xornada partida.