Por volta de mil persoas participaron en Ferrol na manifestación nacional que organizou a CIG no Día da Clase Obreira Galega. A denuncia da carestía da vida, a reclamación do Marco Galego de Relacións Laborais e a defensa da soberanía do país foron os eixes sobre os que xirou a marcha do 10 de Marzo.
There are 12 images in this gallery
Last updated: Lun, 01/12/2008 - 21:49
O 13 de novembro a CIG convocou manifestacións simultáneas nas sete cidades galegas e na Mariña, nesta primeira etapa da campaña da central sindical nacionalista contra a crise económica e as repercusións que está a ter e que terá para a clase traballadora. Esta reportaxe gráfica dá boa conta das distintas mobilizacións que se desenvolveron no noso país.
There are 53 images in this gallery
Last updated: Ven, 21/11/2008 - 21:02
15.000 traballadoras e traballadores mobilizou a CIG no 1º de Maio de 2008.
There are 48 images in this gallery
Last updated: Ven, 02/05/2008 - 13:17
01/05/2008.
There are 6 images in this gallery
Last updated: Mar, 06/05/2008 - 17:17
Fotos con relación á Revoluçao dos Cravos, Portugal, 25 de abril de 1974.
There are 4 images in this gallery
Last updated: Ven, 25/04/2008 - 16:21
14/05/2008
There are 30 images in this gallery
Last updated: Mer, 14/05/2008 - 13:44
O mércores 21 de maio a CIG-Ensino convocaba unha nova concentración diante da Consellaría de Educación para solicitar outro Decreto de Bacharelato e con motivo da entrega, no rexistro, das preto de 2.700 sinaturas de mestres en apoio a esta demanda. Sinaturas que se veñen sumar ás xa entregadas e que seguirán medrando en número coas que se recollan nos vindeiros días. Os alumnos de Filosofía sumáronse á protesta cunha contundente afirmación que, desta volta, levaban gravada no corpo: "Filosofía ou barbarie"
There are 12 images in this gallery
Last updated: Mer, 21/05/2008 - 13:58
A CIG-Saúde convocou, o 23 de abril, concentracións en todos os centros hospitalarios de Galiza para esixir unha reclasificación xusta dos técnicos sanitarios do SERGAS. As imaxes correspóndense coa protesta realizada ese día ás portas do Hospital Juan Canelejo de A Coruña.
There are 6 images in this gallery
Last updated: Mer, 23/04/2008 - 12:28
O MpDC mobilizou, o 23 de abril, centos de persoas no país contra os ataques ao galego da COPE.
There are 6 images in this gallery
Last updated: Xov, 24/04/2008 - 21:50
5.000 rapaces e rapazas procedentes de corenta centros de ensino das comarcas de A Coruña, As Mariñas, Eume, Bergantiños, Costa da Morte e Bierzo participaron o 6 de maio na cidade herculina na primeira marcha do Correlingua 2008.
There are 16 images in this gallery
Last updated: Mar, 06/05/2008 - 14:36
Miles de galegas e galegos acudiron, o domingo 19 de maio, a Compostela para participar na manifestación que baixo o lema "Polo dereito a vivirmos en galego", convocaba a Mesa pola Normalización Lingüística xunto con outras 500 organizacións, colectivos ou asociacións, entre elas a CIG.
There are 36 images in this gallery
Last updated: Lun, 19/05/2008 - 09:57
Imaxes da primeira xornada de folga da limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra
There are 17 images in this gallery
Last updated: Xov, 06/11/2008 - 23:17
O xoves 6 de novembro milleiros de traballadores do sector do Metal, afectados polo convenio provincial de Pontevedra, botábanse ás rúas de Vigo para solidarizarse con catro compañeiros do naval, aos que a Fiscalía solicitaba catro anos de cadea polas mobilizacións do 2007 polo cumprimento do convenio.
There are 24 images in this gallery
Last updated: Xov, 06/11/2008 - 17:52
Imaxes das xornadas de folga do sector do Transporte de Mercadorías na provincia de Pontevedra desde o 21 de abril de 2008
There are 18 images in this gallery
Last updated: Mer, 23/04/2008 - 23:04
29/04/2008.
There are 6 images in this gallery
Last updated: Mar, 29/04/2008 - 23:02
O 17 de novembro comezou na provincia de Pontevedra unha folga polo convenio provincial na limpeza de edificios e locais, por un convenio xusto e que mellore as condicións salariais e sociais destas traballadoras e traballadores. Nesta galería hai imaxes dos distintos grupos de piquetes e das mobilizacións nestes dias.
There are 152 images in this gallery
Last updated: Xov, 27/11/2008 - 19:09
O Foro da Mocidade de Vigo convocou, para o 24 de abril de 2008, unha folga no ensino medio da cidade polo cumprimento do Decreto 124/2007, que regula o emprego do galego no ensino.
There are 6 images in this gallery
Last updated: Xov, 24/04/2008 - 18:38
Os traballadores e as traballadoras do Comercio vario da provincia da Coruña secundaron novamente de xeito masivo a segunda folga do sector, convocada polos sindicatos o 28 de novembro de 2008 para dignificar o convenio colectivo.
There are 29 images in this gallery
Last updated: Lun, 01/12/2008 - 12:43
26/06/2008.
There are 10 images in this gallery
Last updated: Xov, 26/06/2008 - 18:28
O sábado 29 de novembro tivo lugar na cidade de Vigo o II Congreso da FGAMT da CIG. Nesta galería podedes atopar as imaxes deste evento, das distintas intervencións que se realizaron, asi como da participación que tivo.
There are 28 images in this gallery
Last updated: Lun, 01/12/2008 - 13:56
As empregadas e empregados do Comercio vario da provincia da Coruña secundaron masivamente a folga convocada polos sindicatos o 17 de outubro de 2008 para dignificar o convenio colectivo.
There are 20 images in this gallery
Last updated: Dom, 19/10/2008 - 21:04
17/06/2008.
There are 9 images in this gallery
Last updated: Mar, 17/06/2008 - 14:35
A CIG organizou en Compostela o 21 de febreiro de 2008 unha manifestación contra a carestía da vida.
There are 12 images in this gallery
Last updated: Mar, 29/04/2008 - 17:22
Os traballadores de Draka manifestáronse en Vigo o venres 13 de xuño por unha "recolocación digna" para estes máis de cen empregados da planta de Mos, da que xa anunciaron o peche para finais do 2008.
There are 7 images in this gallery
Last updated: Ven, 13/06/2008 - 17:19
O venres 12 de setembro tiña lugar unha histórica manifestación na vila lucense de Quiroga contra o desmantelamento do sector da lousa nesta comarca.
There are 6 images in this gallery
Last updated: Lun, 15/09/2008 - 16:22
A CIG convocou aos traballadores da automoción da comarca de Vigo a unha manifestación en defensa do emprego na automoción, que percorreu as rúas do centro da cidade de Vigo, e que rematou fronte ao Edificio da Xunta, na Praza da Estrela
There are 11 images in this gallery
Last updated: Mar, 04/11/2008 - 00:16
Máis de 4000 persoas participaron, o 29 de abril de 2008, na manifestación convocada pola CIG-Ensino en Santiago, para exixir a negociación e a modificación do Proxecto de Decreto de Bacharelato.
There are 12 images in this gallery
Last updated: Mar, 29/04/2008 - 16:28
Os traballadores e traballadoras do 112 realizaron unha marcha desde o Parlamento Galego até San Caetano, onde entregaron as máis de 4.000 sinaturas que recolleron en apoio ás súas demandas
There are 8 images in this gallery
Last updated: Mar, 09/09/2008 - 18:05
Baixo o lema 'Marcha con nós para cambiar o mundo', máis de 5.000 persoas manifestáronse en Vigo, con motivo do VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que tivo lugar durante toda a semana e no que participaron delegadas da Marcha Mundial chegadas de case medio centenar de países do mundo.
There are 15 images in this gallery
Last updated: Mer, 29/10/2008 - 13:43
A CIG convocou concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a maiores.
There are 25 images in this gallery
Last updated: Mar, 07/10/2008 - 18:44
07/05/2008.
There are 21 images in this gallery
Last updated: Mar, 27/05/2008 - 11:48
Os traballadores de Faurecia Asientos de Galicia mobilizáronse o venres 10 de outubro contra o ERE, aprobado pola Inspección de Traballo e pola Consellaria de Traballo, que permite que este sexa o primeiro dos próximos catro venres no que os traballadores quedarán sen traballo.
There are 11 images in this gallery
Last updated: Ven, 10/10/2008 - 16:06
20/06/2008.
There are 11 images in this gallery
Last updated: Ven, 20/06/2008 - 11:48
As rúas coruñesas acolleron o 21 de xuño de 2008 a primeira das manifestacións convocadas pola defensa da Ría do Burgo.
There are 9 images in this gallery
Last updated: Mar, 24/06/2008 - 17:41
O pasado luns día 8 de xuño, os topógrafos do ADIF intentaron tomar posesión dos terreos afectados polo trazado do Tren de Alta Velocidade ao seu paso pola mina de Serrabal. Os traballadores concentráronse de inmediato na zona para impedir que se iniciaran os traballos preliminares ao comezo das obras. Desde aquela permanecen, por quendas, acampados no acceso ao banco cero e manteñen unha barricada con enormes bloques de seixo e cos seus propios camións. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, pretende responsabilizalos dos atrasos das obras. Atrasos que son responsabilidade do propio Ministerio de Fomento e, como eles afirmaban na rolda de prensa celebrada o 17 de xuño, do propio Touriño, por negarse a abrir un diálogo con eles.
There are 11 images in this gallery
Last updated: Mer, 18/06/2008 - 11:41
A CIG-Ensino e os alumnos de Filosofía concentráronse o mércores día 4 de maio diante da consellaría de Educación "Por un novo Decreto de Bacharelato". A CIG-Ensino tiña preparado un gasallo para a súa titular, Laura Sánchez Piñón: un lote de libros de Historia e Filosofía para que, durante o verán, recupere as asignaturas suspensas ao longo deste curso escolar, practicamente todas. Casualmente só superou, con nota, a asignatura de "relixión católica". Como xa era repetidora a CIG-Ensino entende que o seu titor, Emilio Pérez Touriño, debería deixala fóra do sistema educativa ou, o que é o mesmo, cesala.
There are 14 images in this gallery
Last updated: Xov, 05/06/2008 - 13:24
Os traballadores da empresa Ramsa afectados polo trazado do AVE sobre a mina de Serrabal organizaron un campamento diante do edificio da Xunta de Galiza en San Caetano.
There are 6 images in this gallery
Last updated: Xov, 28/02/2008 - 12:21
A rede “Galiza non se vende” convocaba, o 17 de febreiro de 2008 en Compostela, unha manifestación para denunciar “o terremoto de especulación e depredación da terra e do mar que está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza, a nosa calidade de vida, a das xeracións vindeiras e mesmo ó planeta”.
There are 12 images in this gallery
Last updated: Sab, 26/04/2008 - 16:00
Convocada o 21 de Decembro do 2007
There are 8 images in this gallery
Last updated: Mar, 22/04/2008 - 11:04
Imaxes do partido da selección galega no estadio de Balaídos, o 29 de decembro de 2007
There are 7 images in this gallery
Last updated: Mar, 22/04/2008 - 09:57