Xulio Ríos: “Dende o primeiro momento, ERGA asumiu a defensa da lingua e cultura nacionais, elaborou moitísimos materiais e formulou múltiples iniciativas para galeguizar o ensino e o sistema educativo. O “LUME”, a nosa revista, é un espello desa orientación”.
O I Congreso de ERGA realizouse na Facultade de Económicas en Compostela, participaron no encontro mil estudantes de todo o país, tanto do ensino universitario como secundario.
Xulio Ríos: “O ensino nacional, científico, popular e democrático que reclamaba ERGA formaba parte dun amplo movemento social e político que á par de reivindicacións propias do movemento estudantil, trataba de incorporar o estudantado á loita xeral por unha Galicia ceibe e popular”.