marco
Artigos de opinión
George Steiner e os “damnificados da literatura galega”
Xurxo Martínez Crespo
Isabel Bugallal, de La Opinión de A Coruña, preguntoulles a un fato de “notabéis” verbo as declaracións de George Steiner sobre a literatur...
Bolívia: À esquerda não basta ganhar eleições!
Ivan Pinheiro
A dificil situação da Bolívia depois do referendo de 10 de Agosto analisada por Ivan Pinheiro tem, entre outros méritos, o de de ser feito por...
Xogar con vantaxe
Manuel Mera
Seica imos ter eleicións anticipadas, diante do temor do PSOE autóctono de perder votos a medida que se agrave a crise económica, polo que se di...
Watch this video!

Asemblea Xeral de Caixa Galicia

3/7/2008

O 28 de xuño de 2008 celebrouse a Asemblea Xeral da Caixa de Aforros de Galicia, que entre outras cuestións debía aprobar as contas do exercicio 2007 así como a composición dos órganos de goberno despois da renovación do 50% da Asemblea. A CIG votou en contra da xestión desta Caixa de Aforros por considerar que estamos ante un modelo neoliberal e especulativo negativo para Galiza e moi agresivo no laboral.

Nova relacionada:

A CIG votou en contra do modelo de Xestión da Caixa Galicia

 

 

Watch this video!

MAFECCO: vitoria das traballadoras fronte á deslocalización

3/7/2008

Imaxes correspondentes ao conflito de MAFECCO, empresa téxtil coruñesa que no verán de 2006 pretendía emprender un Expediente de Regulación de Emprego (agora desautorizado por sentenza xudicial), despedir as 70 traballadoras da fábrica de Arteixo e deslocalizar a produción a China.

Nova relacionada:

Un xulgado desestima o Expediente de Regulación de Emprego que presentara MAFECCO
Watch this video!

Valoración do Curso Académico

25/6/2008
Anxo Louzao e Marta Dacosta expoñen nesta rolda de prensa a valoración da CIG Ensino sobre o desenvolvemento do curso académico 2007-2008.
Watch this video!

Manifestación na defensa da ría do Burgo

23/6/2008

O sábado 21 de xuño tiña lugar a manifestación pola defensa da ría do Burgo, que xuntou a 2.000 persoas na cidade da Coruña, contra os verquidos e na defensa do sector marisqueiro da comarca.

Este video é un resumo desta marcha, e contén ademais unha entrevista cun traballador do mar, afectado por este conflito.

Nova relacionada: 

Cidadáns coruñeses bótanse á rúa en defensa da Ría do Burgo

 

Watch this video!

Concentración de delegados/as da CIG-Ensino para protestar contra o anteproxecto de decreto do bacharelato

5/6/2008

O mércores 4 de xuño, celebrouse unha concentración de delegados/as da CIG-Ensino, diante da Consellaría de Educación, para protestar contra o anteproxecto de decreto do bacharelato á que se sumaron os/as alumnos/as da facultade de Filosofía de Santiago.

Neste acto simbólico, a CIG-Ensino entregou, no rexistro da Consellaría de Educación, un boletín de notas de avaliación final de 1º de Bacharelato da alumna Laura Sánchez Piñón no que esta suspende en case todas as materias, levando un 0 en disciplinas fundamentais para a formación do alumnado como son a Historia e a Filosofía, se ben, temos que subliñar que mereceu un 10 en Relixión.

Á vez, entregouse un lote de libros de Filosofía, Historia, Tecnoloxía e Música, para que no verán a Conselleira trate de recuperar estas materias damnificadas polo decreto. De non ser así e posto que xa o ano pasado tivo que ser suspendida pola súa actuación no horario da ESO e a supresión da xornada reducida de verán, entendese, desde CIG-Ensino, que non debe repetir máis unha vez e que, polo tanto, debe quedar fóra do sistema educativo, isto é, debe dimitir; ou no seu caso, o titor, Emilio Pérez Touriño, debía cesala.

Logo das concentracións diante da Consellaría (15 de maio, 23 de maio), Consello Escolar (28 de abril), folga e manifestación o día 29 de abril, entrega de 2.600 sinaturas, actos nos centros de ensino con aulas abertas, etc., a Conselleira segue a negarse a recibir os representantes do profesorado para tratar un decreto esencial como é este.

A CIG-Ensino, vai a seguir a dar a batalla pola mellora deste decreto que deixa a Galiza nunha situación marxinal respecto do resto do Estado no peso destas materias.

Watch this video!

Mobilizacións das fixas discontinuas de Pérez Lafuente

23/5/2008
O video reflicte as mobilizacións que as traballadoras da conserveira Pérez Lafuente en Vilanova de Arousa mantiveron ao longo de varias semanas, antes de chegar á convocatoria de folga, para demandar carga de traballo, xa que en case medio ano só traballaron 20 días.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS