Por volta de mil persoas participaron
en Ferrol na manifestación nacional que organizou a CIG no Día da Clase Obreira Galega. A denuncia
da carestía da vida, a reclamación do Marco Galego de Relacións Laborais e a defensa da soberanía
do país foron os eixes sobre os que xirou a marcha do 10 de Marzo.