marco
A Coruña, 1/3/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
A central nacionalista acadou 3 dos 5 representantes

A CIG consegue maioría absoluta na Cooperativa Os Irmandiños de Ribadeo

A CIG acadou maioría absoluta en Os Irmandiños, cooperativa de servizos e produtos agropecuarios de Ribadeo, ao obter tres delegados mentres que UGT e CCOO conseguiron un cada unha. A participación nas votacións foi do 69%.

Estes resultados afianzan o liderato da CIG en A Mariña, comarca na que os traballadores e traballadoras apoian cada vez máis o modelo sindical reivindicativo, non pactista e apegado á realidade laboral que representa a central nacionalista, segundo salienta Dores Fernández Abel, secretaria comarcal de Organización.

Resultados das eleccións Representantes

  • CIG - 3
  • UGT - 1
  • CCOO - 1

 

Votos

CIG UGT CCOO Branco Total
Técnicos 18 5 - 0 23
Especialistas 10 7 7 1 25
Total 28 (60%) 12 (25%) 7 (15%) 1  

Participación Colexio de Técnicos, 82% Colexio de Especialistas, 60% Total, 69%