marco
Vigo, 10/2/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Juan Gayo, de 45 anos, e con máis de 14 anos de vida laboral nesta empresa é o despedido.
Despois dunha primeira concentración fronte ás portas realizouse unha marcha polo interior das instalacións, pasando por oficinas, aparcadoiro e o centro deste complexo golfístico. (Fotos: ©galizacig.com 08/02/2008).
Contra a represión sindical

Concentración pola readmisión do traballador despedido no Campo de Golf de Domaio

Un numeroso grupo de delegados e delegadas sindicais, afiliados e afiliadas, desprazábanse até o Campo de Golf Ría de Vigo, en Domaio (Moaña) para mobilizarse na defensa dos dereitos sindicais e contra o despedimento dun traballador, ao que botaron por presentarse como delegado sindical na candidatura da CIG.
Desde as once da mañá comezaron a congregrase delegados e delegadas sindicais, así como afiliados e afiliadas da CIG que se achegaron até Domaio para amosar a súa solidariedade co despedido.
Ás once da mañá comezaba esta ruidosa concentración cos berros de “Despedido readmisión” e “Non á represión”, e unha numerosa participación de membros da CIG da Comarca de Vigo, e da localidade de O Morrazo. O despedido, Juan Gayo, de 45 anos, que levaba máis de 14 anos traballando para esta empresa, tamén participou da concentración, na que estivo arroupado polos seus compañeiros do Campo de Golf Ría de Vigo, que tamén acudiron a esta mobilización. Marcha polo interior A concentración transformouse nunha marcha polo interior das instalacións deste centro, chegando ás oficinas, ás outras entradas do recinto, e visibilizando deste xeito o inxusto despedimento e a resposta sindical da CIG fronte este despido. A Federación de Servizos da CIG denuncia a persecución sindical que se está a sufrir nestas instalacións, e a nula vontade por parte da dirección de negociar nin escoitar as demandas deste traballador. Desde a CIG reclámase a súa readmisión, polo que foi presentada diante do Xulgado do Social unha demanda por despedimento improcedente.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS