Preescolar na Casa é un programa educativo que naceu en Galiza no ano 1977. O programa Preescolar na Casa ten como obxectivo “contribuír á formación de pais que teñen nenos e nenas entre 0 e 6 anos co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos a través da reflexión sobre o acontecer da vida diaria”.
Preescolar na Casa é un programa de formación de pais que se organiza, preferentemente no medio rural e outros medios desfavorecidos, que intenta apoiar e dar seguridade ás familias na educación e crianza dos seus fillos, nos primeiros anos de vida.
Despois de celebrarase as eleccións sindicais (nas que a CIG obtivo a maioría, 3 representantes nun comité de cinco), e por numerosas conversas con responsábeis da Consellaría de Educación, estes traballadores e traballadoras comezan a escoitar con máis insistencia da que lles gustaría que é máis que probábel que a Consellaría de Educación retire o seu apoio a este programa.
De seguir adiante con esta medida, un programa que ven desenvolvendo ininterrumpidamente desde o ano 1977, e co apoio da Administración educativa á proposición non de lei de Galiza desde o ano 1982, vería gravemente afectado o seu labor.