marco
A Coruña, 6/3/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
De esquerda a dereita, Dolores Martínez Castelo, secretaria comarcal de Organización; Mari Carme López Santamariña, secretaria confederal da Muller; Suso Seixo, secretario xeral; María Xosé Bravo, concelleira de Cultura de A Coruña, e Margarida Vázquez, concelleira de Igualdade de A Coruña.
A mostra poderá visitarse no Fórum Metropolitano de A Coruña até o 10 de marzo

A CIG inaugura a exposición “Mulleres no sindicalismo nacionalista da Galiza”

A Secretaría Confederal da Muller da CIG organiza a exposición “Mulleres no sindicalismo nacionalista da Galiza”, que se inaugurou o mércores 5 de marzo no Fórum Metropolitano de A Coruña. A mostra poderá visitarse até o día 10 do mesmo mes.
Panel da exposición “Mulleres no sindicalismo nacionalista da Galiza”.

No acto de presentación interviñeron o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, a secretaria confederal da Muller, Mari Carme López Santamariña, e as concelleiras de Cultura e Igualdade, María Xosé Bravo e Margarida Vázquez, respectivamente. A presente mostra conta coa colaboración do Concello de A Coruña.

Con esta exposición, a CIG fai un breve percorrido en imaxes polo traballo desenvolvido polas mulleres nos máis de trinta anos de existencia do sindicalismo nacionalista. As reivindicacións das mulleres organizadas na CIG seguen a ser as mesmas que as das décadas anteriores: garantir o dereito a decidir sobre o seu corpo (o aborto libre e gratuíto na sanidade pública); loitar contra a discriminación salarial, o acoso sexual, a precariedade laboral, a economía somerxida; mudar as condicións sociais, económicas e laborais das traballadoras do fogar; dignificar o papel das mulleres na historia; empregar unha linguaxe non sexista ou garantir o dereito das mulleres a participar na sociedade en condicións de igualdade.

“O modelo sindical da CIG segue a ser hoxe en día a reafirmación da nosa clase, un modelo participativo, de base, combativo, que reivindica a nosa soberanía como mulleres, como traballadoras e como galegas”, indica a Secretaría da Muller da central.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS