marco
A Coruña, 7/2/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
O xuízo contra o secretario comarcal da CIG de Ferrol terá que se repetir

A Audiencia Provincial de A Coruña anula a sentenza que condenou López Pintos

A Audiencia Provincial de A Coruña anulou a sentenza emitida polo Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol que condenara Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG, por unha acción sindical nunha obra de Mugardos na que catro obreiros non cobraban.
López Pintos fora condenado a aboar unha multa de 120 euros e a pagarlle unha indemnización de 600 en concepto de “danos morais” ao encargado da obra da construtora “OYC Compostela” en Mugardos na que catro obreiros portugueses levaban mes e medio sen cobrar. (Foto: ©galizacig.com).
A Audiencia considera que López Pintos sufriu indefensión pois, na vista oral, o xuíz de Instrución non permitiu que declarasen varias testemuñas propostas pola defensa. O xuízo de faltas contra o secretario comarcal terá que volverse a celebrar, segundo estima o fallo da Audiencia Provincial. López Pintos fora condenado a aboar unha multa de 120 euros e a pagarlle unha indemnización de 600 en concepto de “danos morais” ao encargado da obra da construtora “OYC Compostela” en Mugardos na que catro obreiros portugueses levaban mes e medio sen cobrar. Membros da CIG acudiran ao lugar o 14 de marzo de 2007 para reclamarlle á empresa o pagamento das cantidades adebedadas a estes traballadores.