marco
Compostela, 1/7/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Prevista unha xuntanza coa consellaría de Traballo o día 2 de xullo

A CIG continúa as mobilizacións no BBVA cunha concentración en Lugo

O pasado 26 de xuño tivo lugar unha nova concentración de delegados e delegadas da CIG contra o proceso de reconversión do BBVA, desta volta na Oficina Principal de Lugo. Por outra banda o vindeiro día 2 de xullo está prevista unha reunión coa Consellaría de Traballo para solicitar unha implicación da Administración na defensa dos postos de traballo.

A Sección Sindical da CIG no BBVA continúa coas mobilizacións para facer fronte ao proceso que a Entidade denomina eufemisticamente “Plan de Innovación e Transformación”, un proceso de reconversión encuberto polo que a empresa pretende amortizar 400 postos de traballo na Galiza.

Gran parte dos 400 postos de traballo que o BBVA pretende amortizar na Galiza serán substituídos pola subcontratación e deslocalización de servizos. A CIG solicitou unha reunión coa Consellería de Traballo para abordar esta situación, nomeadamente a relativa a empresa OP Plus, que recibiu subvencións públicas da Junta de Andalucía para implantarse no Parque Tecnolóxico de Málaga. O BBVA pretende substituír o persoal fixo do banco en Galiza por persoal temporal dunha empresa externa nun proceso subvencionado por unha Administración Pública.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS