O SLG trata de recuperar así o apoio aos produtos caseiros, tradicionais e ecolóxicos e o consumo local de produtos frescos, de tempada, que respectan o ciclo natural.Explican que en todos lados houbo, en diferentes momentos, unha perda de relación entre labregos/as e cidadáns que compran a comida, e ao mesmo tempo, un aumento do proceso industrial dos alimentos. “Aparece a inseguridade alimentaria (vacas tolas, tranxénicos, dioxinas...) e un abuso de pesticidas, químicos, hormonas, funxicidas...”
O SLG sinala que, como reacción, moitas persoas que non queren ser consumidoras pasivas véñense unindo para rescatar o sabor dos alimentos naqueles países que xa os perderon. Así, as primeiras experiencias de buscar a comida local xorden nos anos 70 en Xapón, Alemaña e Suíza e, despois dos anos 90 aparecen grupos en Estados Unidos, Canadá e Reino Unido e, no 2001, aparecen en Francia.
Nestes momentos hai unha coordinación mínima a nivel mundial destes grupos, que teñen en común, sobre todo, que as/os protagonistas son os labregos/as e os consumidores e consumidoras.
Na xornada do día 17 de outubro presentarase a experiencia das AMAP ((Asociation pour le Manintien d´une agriculture Paysanne), grupos de comida local en Francia en nome dos que falarán dúas mulleres, unha desde a perspectiva cidadá e outra desde a perspectiva labrega.
PROGRAMA
|
11:45 horas |
Chegada |
|
12.00 horas |
O acceso aos alimentos. Influencias |
|
12:15 horas |
O acceso aos alimentos. Influencias da distribución nos hábitos alimentarios. * Relatora: Rosario Sánchez Parga |
|
13:45 horas |
Comida |
|
15:00 horas |
Que nos aportan so circuítos curtos?
Miguel Anxo Méndez López
Representante dun grupo organizado que merca directamente a produtores/as.
Debate |
|
16:39 horas |
Novas formas de chegada dos alimentos ás nosas mesas: A experiencia das AMAP, Asociacións para manter as explotacións labregas en Francia. * Relatoras: Denise Vuillon e Matildhe Hertz |
|
20:00 horas |
Fin da xornada |