marco
A Coruña, 10/6/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Empresa e comité reuniranse o 23 deste mes

Albada presenta aos traballadores unha proposta inferior ao pactado no preacordo atinxido en abril

Representantes dos traballadores e Albada seguen sen chegar a un acordo acerca da negociación do convenio colectivo. A empresa, o 10 de xuño, puxo enriba da mesa unha proposta que está por debaixo do pactado no preacordo atinxido entre as partes o pasado 11 de abril e que supuxo a desconvocatoria da folga.
Xosé Manuel Vilariño, presidente do comité de empresa de Albada e delegado da CIG.

A parte social anuncia que esgotará todas as vías de diálogo coa patronal, mais sinala que non solicitará unha prórroga do proceso negociador coa empresa, que expira o 30 de xuño.

Nestes dous meses e medio desde a sinatura do preacordo, o comité e os sindicatos con representación nel (CIG, UGT e CCOO) cumpriron todos os compromisos. Pola contra, a empresa dispuxo de tempo dabondo para presentar unha oferta satisfactoria para os traballadores. De non haber un acordo antes de que finalice o presente mes, os empregados da planta de Nostián romperán a paz social a partir do 1 de xullo.

Entrementres, empresa e traballadores reuniranse o 23 de xuño, a partir das 11:30 horas, no Edificio Sindical de A Coruña.