marco
A Coruña, 11/8/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
A folga foi desconvocada

Traballadores e empresa chegan a un acordo no conflito da limpeza de Cedeira

A asemblea de traballadores do servizo de limpeza e recollida de lixo de Cedeira ratificou, o 8 de agosto, o preacordo asinado entre a empresa Celta Prix e a representación sindical sobre o primeiro convenio colectivo. A CIG-Servizos cualifica o acordo como plenamente satisfactorio ao acadar a práctica totalidade das reivindicacións do persoal. A folga ficou desconvocada.

O incremento salarial será dun 24%, nos dous anos e medio de vixencia do convenio colectivo, co que se acada a pretensión da CIG da equiparación salarial co persoal laboral do Concello de Cedeira. Amais, acádanse unha serie de melloras sociais como:

  • - Antigüidade: a percepción de trienios do 10%.
  • - IT: 100% das retribucións íntegras desde o primeiro día calquera que sexa a causa que orixine a situación.
  • - Xornada de 37,5 horas semanais.
  • - 7 días de asuntos propios retribuídos (até o de agora non había ningún).
  • - Percepción das horas extras e traballos especiais ou domingos e festivos nun valor do dobre da hora ordinaria.
  • - Cláusulas de xubilación parcial, xubilación anticipada….
  • - Cláusulas de subrogación e cobertura pola retirada de carné, así como diversas pólizas de seguros.
  • - Amais de diversas melloras na perspectiva de xénero para as compañeiras.
Nova relacionada