marco
Vigo, 11/9/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Contra a ofensiva neoliberal

A CIG Saúde lanza unha campaña contra a directiva europea das 65 horas

Dípticos, cartaces e un documento de analise da directiva Europea sobre tempo de traballo son algúns dos materiais que vén de editar a CIG Saúde e que levarán aos centros de saúde do noso país nos próximos meses para informar e mobilizar contra a precarización das condicións de traballo na sanidade galega e a ofensiva neoliberal.

A CIG-Saúde chama deste xeito a todas as traballadoras e traballadores da sanidade galega a mobilizarse dun xeito masivo e unitario para parar a modificación da Directiva Europea sobre tempo de traballo, que aprobou o Consello da Unión Europea o pasado 9 de xuño.

Chúzalle á directiva das 65 horas

Neste material informativo, critícase que se fixen as 65 horas de traballo semanal, a negociación individual das condicións de traballo, ou a precarización xeral das condicións de traballo.

No documento en pdf que adxuntamos ao final desta nova encontraredes máis información sobre esta campaña e o posicionamento da CIG Saúde.

Documentos
FolletoCIG_Directiva_Tempo_Traballo.pdf