Os eventos deportivos que terán lugar en solidariedade cos traballadores e traballadoras da lousa son:
- 4 de decembro, ás 20.30, no Polideportivo da Pinguela (Monforte), fútbol sala: "Selección de Monforte contra o Vilamartín".
- 6 de decembro, ás 18.30, no Polideportivo da Pinguela (Monforte), voleibol Superliga.
- 8 de decembro, ás 16, partido de fútbol da selección zona sur de Lugo contra unha selección de Valdeorras.
Para acudir a estes eventos solidarios, só tes que comprar un bono único, que se merca nos locais sindicais de CIG, CCOO e UGT, a un prezo de 10 euros.
Aportacións económicas
Tamén realizan un chamamento á solidariedade activa económica, con aportacións economicas no seguinte número de conta: BANCO PASTOR, 0072 0204 66 0000110756.