Para falar dos aspectos médicos contase coa presencia dun Neumólogo do Instituto Nacional de Silicose de Oviedo e para falar en nome das vítimas o Presidente de AGAVIDA.
A Xornada vai destinada a delegados e delegadas da CIG, así como a técnicos de prevención que estea interesada no tema e celebrarase o vindeiro martes día 13 de maio no Salón de Actos do Centro de Saúde de Valle Inclán de acordo co programa que achegamos ao remate desta nova.
Estan convidados á mesma os Delegados Provinciais de Traballo e Sanidade, Tenencia de Alcaldía, Concelleira de Urbanismo e técnicos destas institucións.
Xornada técnica: "O traballo con amianto: perigo. Xornada de prevención de riscos".
09.30 - Recepción de participantes e entrega de documentación.
09.45 - Presentación dos obxectivos da xornada.
Etelvino Blanco, Secretario Comarcal CIG-Ourense.
10.00 - A asbestose: aspectos sindicais.
Anxo Pérez Carballo , Gabinete Técnico de Saúde Laboral.
10.30 - A asbestose: aspectos médicos.
12.00 - Pausa-Café.
12.30 - A experiencia da Asociación Galega de Vítimas do Amianto, AGAVIDA
13.30 - Debate e dúbidas.
14.00 - Clausura xornada.
Alfonso Tellado Sande. Director do Gabinete Técnico de Saúde Laboral.
Xantar