marco
Vigo, 13/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Fermín Paz, dando inicio ás xornadas.
Tensi Álvarez, de CCOO, Abelardo Landeira, da CIG, Carlos Bellas de UGT, Serge Pérez, secretario xeral da Asociación Dereito á Enerxía, e Edmundo Varela, presidente da Asociación de Consumidores COETICOR.
Debates da actualidade

Celebrado con éxito en Compostela o Seminario Internacional do Dereito á Enerxía

“Hai que ter en conta as necesidades dos pobos, e deixar de importar modelos foráneos, para conseguir o benestar de todos, e non só duns poucos”, asi comezaban, coas palabras de Fermín Paz, administror da Asociacion Dereito á Enerxía, as xornadas de traballo desta entidade en Santiago de Compostela, pasadas as nove e media da mañá, no Hotel Tryp de San Lázaro.

Pouco despois daba inicio a primeira das mesas de traballo, que baixo o título de "Enerxia e os retos de presente e futuro", xuntaba ás empresas do sector, a un investigador sobre a cuestión enerxético, e daba tamen voz á Asociación Dereito á Enerxía, a través do seu presidente Michel Clerc.

Clerc incidiu naqueles debates da actualidade e de sempre como é a cuestión da enerxia nuclear, polo problema de sumistro real existente a nivel mundial. Aínda así lembrou que "temos que facer economía da enerxía porque a mellor e máis económica será aquela que non se consume, porque hai máis de 2.000 millóns de persoa que a día de hoxe non teñen acceso á enerxía". Tamén manifestou que "non podemos considerar a enerxía como unha mercadoría máis, e é que non poden ser produtos especulativos".

Despois, Xesús Abadia, director medioambiental e de Desenvolvemento Sustentábel de ENDESA, realizou unha exposición sobre a situación enerxética mundial e dixo que "o consumo mundial de enerxía no 2030 será un 60% superior ao actual, cun crecemento do 1,7% por ano". O papel do carbón, segundo este técnico, continuará a xogar un papel clave no mix de xeración mundial de electricidade. Neste sentido, manifestou que "serán necesarias reducións importantes das emisións de CO2 en todos os países, que deberán contribuir segundo a súa participación nestas emisións". Unha das cuestions de maior interese foi a aposta que manifestou polas tecnoloxías de captura e secuestro de carbono "porque a loita contra o cambio climático require unha resposta a nivel mundial, e tamén desde Endesa faremos un esforzo".

Xavier Becerra, xefe de Planificación de Repsol-YPF, falou da situación da súa empresa, con 9 refinerias no Estado Español, que sentia unha mudanza e aumento no estrutura da demanda, unha disminución da disponibilidade de crudos lixeiros e doces, así como un incremento na severidade das especificacións. Abordou tamén a cuestión da eficencia enerxética, asi como amosou visión de Repsol e a súa vontade de "ser unha empresa internacional petroleira e gasista integrada, admirada, orientada ao cliente e á creación de valor".

Tamén participou nesta mesa de debate un representante do Inega, que presentou as liñas de actuación do Plan Enerxético 2007-2012. Reflexionou sobre o escenario enerxético galego, "no que aínda existen núcleos rurais con baixos índices de calidade eléctrica". Desde o Inega, sinalaron que os maiores esforzos se están a realizar pola enerxía eólica.

Manuel Bao, da Escola Técnica Superior da Enxeñeria da Universidade de Santiago de Compostela, realizou unha intervención, como investigador e experto en cuestións enerxéticas, analizando as enerxías renovabeis, "un tema no que se fala máis do que se fai". En concreto, apostou pola enerxía eólica desde o mar, pola potencia do vento e polos poucos problemas de impacto que podería ter no medio.

"Enerxía, sustentabilidde e os apectos sociais"

Pasadas as doce e media da mañá comezaba a segunda das mesas, na que sería abordada a cuestión do impacto social e medioambiental que pode ter a implantación deste dereito á enerxía.

Serge Pérez, secretario xeral da Asociación Dereito á Enerxía, fixo unha radiografía da situación actual internacional "na que a poboación aumenta, tamén a falta de recursos, pero tamén o prezo desta enerxía". Pérez avogou por tarifas sociais e pola mudanza de modelo.

Abelardo Landeira, secretario nacional da CIG Químicas, interveu tamén para anotar que "o sector enerxético na Galiza fica controlado por unha serie de empresas, familias e oligarcas que se favorecen dos favores da Administración". Realizou unha analise tamén da crise dos alimentos, asi como chamou a "combater as causas que nos impiden ser soberanos nin ter unha sociedade sustentábel".

Carlos Bellas Cebreiro, da UGT, e Tensi Álvarez, de CCOO, incidiron na necesidade dunha participación máis activa da sociedade e do sindicalismo que debera incorporar o cambio climático como un eixo de loita máis.

Por último, pechou estas xornadas Edmundo Varela, da Asociación de Consumidores COETICOR, que sinalou que "os grandes esquecidos das Administracións no tema enerxético son os cidadáns, nomeadamente no campo eléctrico", e fixo referencia á loita que están a levar contra a supresión da tarifa nocturna.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS