marco
Vigo, 14/11/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Ás 17 da tarde as traballadoras e traballadores de Valeo concentráronse fronte ao Hotel AC Palacio Universal, situado en Cánovas del Castillo.
Desde as seis da tarde as traballadoras concentráronse fronte ao Edificio da Xunta de Galiza en Vigo, onde ás seis e media tiña lugar a renión prevista coa Directora Xeral de Relacións Laborais.
Mantiveron unha reunión "decepcionante" con Pilar Cancela na Xunta en Vigo

O persoal da antiga Valeo mobilízase na súa primeira xornada de folga para coñecer o plan industrial da empresa

O 13 e 14 de novembro está convocada folga en Cablerías Auto, que na súa primeira xornada tivo un seguimento do 100%. Ademais as traballadores e traballadores da antiga Valeo, situada no Polígono das Gándaras do Porriño, realizaron distintas concentracións e mobilizacións ao longo do día para esixir que se coñeza o plan industrial da nova empresa, Cablerías Auto, que non lles asegura carga de traballo despois do mes de decembro.

Desde as dúas da tarde, as 92 persoas da antiga fábrica de Valeo de O Porriño, que na actualidade están empregadas en Cablerias Auto, comezaron unha mobilización no Polígono das Gándaras para "visitar" en concentración as factorías das empresas ás que consideran cómplices e culpábeis da situación de incertidume que están a vivir no seu actual posto de traballo: Valeo, Cablerias Auto e Viza.

Despois, ás cinco da tarde, as manifestantes acudiron ao coñecido hotel vigués AC Palacio Universal, do que é accionista o empresario Iñigo Resusta, para continuar a expresar o seu rexeitamento a situación de ocultamento de información por parte da Xunta e da parte empresarial, que non lles achegaron, aínda a día de hoxe o contido do plan e a viabilidade da empresa.

Manifestación até a Xunta

Desde este hotel, situado en Cánovas del Castillo, manifestáronse até o Edificio da Xunta de Galiza en Vigo, onde ás 18.30 o Comité de Empresa mantiña unha reunión con Pilar Cancela, directora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galiza, á que tamén asistía a parte empresarial.

Amelia Vila, presidenta do Comité de Empresa de Valeo, cualificou esta xuntanza de "decpcionante", xa que a empresa Cablerias Auto, que adquiriu a propiedade de parte das instalacións da desaparecida Valeo en O Porriño, segue sen dar solucións sobre o seu futuro laboral nin presentou ningún tipo de plan industrial.