marco
Vigo, 14/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Este 15 de maio comeza a folga na fábrica

As traballadoras de Pérez Lafuente propoñen unha moción para o Pleno de Vilanova e solicitan entrevistas a PP, PSOE e BNG

Continúa aberto o conflito aberto na conserveira de Vilanova de Arousa Pérez Lafuente. Estas traballadoras decidiron dar a coñecer o seu conflito ao Pleno municipal e aos grupos municipais que compoñen o mesmo. Entre outras cuestións, estas traballadoras reivindican o establecemento dunha xornada laboral efectiva e continuada todo o ano, xa que a fixa discontinuas nos últimos anos só significou incerteza, precariedade e moi pouco traballo.
Mobilización do mes de abril fronte á factoría en Vilanova de Arousa, nun dia de chuvia

Tamén exixen o cumprimento do convenio colectivo no referente ás antigüedades e categorías profesionais e o mantemento da actividade industrial.

As xornadas de folga comezarán este 15 de maio e continuará nesta semana o 16, e na seguinte os días 19, 21 e 23 de maio. Durante os últimos días, as traballadoras de Pérez Lafuente protagonizaron varias concentracións ante as portas da factoría e tamén do edificio do concello de Vilanova de Arousa, co obxectivo de 'facer un chamamento á empresa para que presentara un plan de futuro desta planta' así como 'para dar a coñecer o problema coa actual dirección' aos veciños e veciñas desta vila.

Moción proposta ao pleno

As delegadas de persoal da conserveira solicitaron unha entrevista con todos os Grupos Municipais (PP, PSOE e BNG), no Concello de Vilanova de Arousa para tratar sobre unha proposta feita ao Pleno da Corporación Municipal para a súa discusión e posterior aprobación polo mesmo.

A continuación adxuntamos a proposta realizada:

Ao Pleno do Concello de Vilanova de Arousa

As delegadas de persoal da empresa CONSERVAS PEREZ LAFUENTE, en representación de toda a plantilla queremos por en coñecemento desa Corporación Municipal o seguinte:

PRIMEIRO.- A empresa para a que prestamos servicios como traballadoras da conserva dende fai moitos anos a maioría de nos, está nunha situación de incomunicación total con nos.

SEGUNDO.- Esta empresa que leva afincada no noso Concello varias décadas, non ten un plan de continuidade ou futuro que nos poida dar visos de que a situación que está a manter e conxuntural e non provocada para que nos aburramos e nos vaimos.

TERCEIRO.- Moitas de nos, carecemos de outro tipo de ingresos. A empresa o non darnos traballo, e non cotizar por nos, pois tampouco temos dereito as prestacións por desemprego nin o subsidio.

CUARTO.- A situación nos últimos tempos estase a agravar, xa que cada vez os pedidos son menores e a produción so se fai sobre pedido, co cal, a nosa situación é de inestabilidade total, e moito nos tememos que en calquera momento, esta situación leve os actuais propietarios a pechar a fabrica, ca conseguinte perdas de postos de traballo. Isto significa mais persoas que pasan a engrosar as listas do paro, co conseguinte problema que significa para o noso concello en particular e para a comarca do Salnés que sofre esta lacra con maior énfase que outras do pais.

QUINTO.- Nos últimos días vimos de concentrarnos diante das instalacións da factoría, así como diante deste Concello, para facer un chamamento en primeiro lugar a Dirección da empresa para que nos presente un plan de futuro, así como un chamamento a cidadanía, veciños e veciñas de Vilanova, para que saiban cal é a situación real e a súa solidariedade co noso problema. Por parte da empresa, fixeron oídos xordos.

SEXTO.- O non ter contestación por parte da empresa, as nosas reivindicacións como son un plan de futuro para a empresa, o incumprimento do convenio colectivo, o establecemento dunha xornada laboral de traballo efectivo o ano, o recoñecemento das categorías e das antigüidades das traballadoras e traballadores, lévanos a que convocásemos unha folga para os días 15, 16, 19, 21 e 23 de maio, nun primeiro momento. Non descartando seguir coas mobilizacións que sexan necesarias para conquerir os nosos obxectivos.

Por todo elo, SOLICITAMOS desa Corporación Municipal en PLENO que:

  • - Inste a empresa para que se inicie un dialogo con estas delegadas de persoal, co fin de conquerir unha situación de normalidade en canto as relacións laborais, así como un plan de futuro para a continuidade da factoría en Vilanova de Arousa sen recorte de postos de traballo e con traballo efectivo para os actuais.

  • - Apoiar todas as formas posibles ante outras administracións para a continuidade da actividade da empresa.

  • - Opoñerse a calquera operación especulativa, das instalacións ou dos terreos que ocupan, si se dera o caso, por parte dos propietarios da mesma.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS