Seguimento total no primeiro dia de folga e xornada tamén de concentración diante do concello de Nigrán para visibilizar un conflito laboral aberto neste concello do sul da comarca de Vigo.
Os traballadores comezaban así o 14 de xullo a folga no servizo de limpeza no concello de Nigrán, que ten carácter indefinido. O persoal de Cespa demanda un convenio xusto, no que se recollan melloras laborais, económicas e sociais.
Servizos mínimos impugnados
Os servizos mínimos fixados polo concello de Nigrán non foron asumidos polos traballadores, que están a realizar os servizos mínimos que presentaron, é dicir, limpeza do mercado, ambulatorios e as papeleiras das praias. Os servizos xurídicos da CIG xa recorreron estes servizos mínimos presentados polo concello, por abusivos