marco
A Coruña, 14/9/2007
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Os contratados por ETT non poderán superar o 25% do cadro de persoal

Os traballadores de Einsa ratifican en asemblea un acordo que pon fin ao conflito

Os operarios de Einsa nos centros de traballo de As Pontes e Pontedeume ratificaron esta tarde en asemblea o acordo que pon fin a un conflito laboral que se estendeu durante meses e no que o cadro de persoal secundou oito xornadas de folga nas últimas semanas.

O presente acordo ten validez até o 31 de decembro de 2010 e recibiu 179 votos favorábeis, 50 contrarios e dúas papeletas en branco.

Principais puntos do acordo:

- Os empregados contratados a través de Empresas de Traballo Temporal non poderán superar o 25% do cadro de persoal. Na actualidade, aproxímanse ao 40%.

- No aspecto retributivo, aprobouse unha suba anual sobre os salarios brutos individuais do IPC real + 0,50 puntos, independentemente de que Einsa obteña ou non beneficios.

- Os traballadores gozarán de 18 días de vacacións no período estival (até o momento só dispuñan de 15).

- Pasarán a ser non laborábeis os días 25 de xullo e 25 e 31 de decembro.

- Haberá unha redución de xornada de oito horas anuais en 2008 e 2009 (o computo anual será de 1760 horas).

- As horas en días festivos efectivamente traballadas abonaranse ao 4,25% a razón do 1 x 1.000 do salario bruto anual (até agora pagábanse ao 2,5%).

- O cadro de persoal gozará dun día de libre disposición (antes non había ningún).

- Os traballadores advirten a empresa de que non tolerarán ningún tipo de represalia sobre os empregados fixos ou eventuais pola participación destes nas xornadas de folga.