marco
A Coruña, 15/2/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Os traballadores repróchanlle a “Portos de Galicia” que non asine un acordo salarial

O persoal da estiba de Ribadeo, Celeiro e Burela estará de folga até o 2 de marzo

O persoal da estiba e desestiba dos portos de Ribadeo, Celeiro e Burela está convocado a unha folga que se estenderá desde o 18 de febreiro até o 2 de marzo. De non haber acordo neste período, os paros converteríanse en indefinidos desde o día 10 do vindeiro mes.
Está convocada unha folga que se estenderá desde o 18 de febreiro até o 2 de marzo. De non haber acordo neste período, os paros converteríanse en indefinidos desde o día 10.

Os traballadores queren presionar a dirección do Ente Público Portos de Galicia para que teña en conta as súas demandas e asine un acordo para o recoñecemento de salarios de actividade e inactividade que foi negociado entre a parte social, as empresas cargadoras e o propio Ente.

As negociacións comezaron en 2006. A CIG entende que non existe xustificación algunha para prolongar indefinidamente unha situación que resulta discriminatoria para este colectivo de traballadores con respecto aos seus compañeiros do resto de portos de interese autonómico e do Estado.