marco
Vigo, 15/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Alberto Rodríguez é o traballador despedido e afiliado da CIG.
No Porriño

Concentración contra a represión e o despedimento en Faurecia Interior Systems

O 15 de maio tivo lugar a primeira das mobilizacións que se desenvolverán en contra do despedimento dun traballador de Faurecia Interior Systems, afiliado da CIG, que levaba 12 anos en Faurecia e era fixo desde o 2002, vítima da represión sindical da empresa, xa que foi unha das persoas máis activas na negociación colectiva do convenio de Faurecia e é membro da sección sindical da CIG na empresa.

Desde antes da unha da tarde comezaban a chegar ao Polígono das Gándaras, á sede desta empresa no Porriño, delegados e delegadas sindicais da CIG para unha concentración co lema "Non aos despidos, non á represión en Faurecia Systems".

Esta é a primeira das concentracións que terán lugar para protestar diante deste "ataque ao movemento sindical" nesta factoría. Berros contra a dirección de empresa, subliñando que "a CIG non se vende", e pola readmisión deste compañeiro escoitáronse durante máis dunha hora diante da sede desta empresa.

Mobilizacións que se incrementarán

A CIG anunciou que este "só é o inicio dunha serie de mobilizacións que se incrementarán, porque non imos permitir que se tente descabezar ao movemento sindical dentro desta empresa con práticas represivas como a deste despedimento. Non aceitan que as cousas mudaran, e que remataramos co tempo da prática sindical domesticada que vivimos en Faurecia até o de agora."

Ademais, o despedido, Alberto Rodríguez, a través da asesoría xurídica da CIG, presentou no Xulgado do Social unha demanda por despedimento improcedente.

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS