marco
Vigo, 15/9/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Denuncian acoso laboral na oficina

A CIG mobilízase contra a represión sindical no Banco Pastor de Maside

O 15 de setembro, representantes sindicais da CIG concentráronse ante a oficina do Banco Pastor en Maside (Ourense) para protestar pola persecución á que está sendo sometido un delegado por parte do Director desta sucursal.

A continuación reprodúcese a nota informativa que foi repartida nas rúas do pobo ás xentes do pobo en xeral e, en particular, á clientela desta oficina.

Non á represión sindical no Banco Pastor de Maside!

A Federación de Banca da CIG quere informar ao pobo de Maside, e ao público en xeral mediante este comunicado, a situación laboral que se está a vivir na oficina do Banco Pastor en Maside.

Esta situación consiste nun acoso constante e permanente por parte do Director da oficina ao administrativo da mesma, consistente en acusacións infundadas de comportamentos inadecuados cos clientes e imputación de erros, todo co fin de menoscabar a dignidade profesional e persoal do traballador.

Todo isto xurde a consecuencia da demanda presentada polo traballador no desenrolo das súas funcións como delegado sindical, polo incumprimento por parte do director da normativa en materia de saúde laboral.

Por último, o traballador recibe unha carta de amoestación remitida polo Xefe de Relacións Laborais, baseada no informe feito polo director denunciado coa complicidade do Director Rexional.

Entendemos dende a CIG que este acoso debe remitir de inmediato, e non estamos dispostos a aturar persecucións con ningún compañeiro/a. Por elo, solicitamos a dirección do banco que tome cartas neste asunto e esiximos unha solución urxente.