Agora a empresa pretende que a citada traballadora realice a sua xornada igual que o resto dos traballadores, esto é de 7,30 a 15,30 horas, o que, por media hora, impediría que ela poida atender o seu fillo, co que se vería obrigada a abandonar o posto de traballo.
A CIG e o resto de traballadores da empresa, considera que "esta posición é un castigo á citada traballadora e unha vulneración do dereito á conciliación da vida laboral e familiar, xa que non existe ningún tipo de razóns produtivas para que a traballadora non poida flexibilizar en media hora a sua xornada laboral. De feito esta xornada é a que realiza habitualmente os venres. Entendemos que EXTRACO discrimina a esta traballadora pola sua maternidade, feito que consideramos intolerábel".
Política Territorial non responde
Ademais, desde a Federación da Construción da CIG engaden que "tamén queremos mostrar o noso malestar pola actitude mostrada pola Delegada Provincial da Consellería de Política Territorial, quen até o de agora non recibiu aos traballadores a pesares de coñecer a situación e o agravio e desprezo pola lexislación sobre a igualdade que representa esta posición empresarial".
Ante esta situación, a CIG convoca o martes 16 de setembro aos traballadores a concentrarse diante do edificio da Xunta de Galiza en Vigo ás 11,30 horas para reclamar que se escoiten as súas demandas.