marco
A Coruña, 16/1/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
A central nacionalista pasa de 6 a 8 representantes no comité provincial coruñés desta empresa de Gadisa

A CIG fica ao borde da maioría absoluta en Almacenes Casán

A CIG conseguiu 8 delegados nas eleccións ao Comité provincial coruñés de Almacenes Casán, empresa pertencente ao Grupo Gadisa. O sindicato nacionalista subiu dous representantes con respecto ao anterior proceso electoral e quedou a unha escasa marxe de conseguir a maioría absoluta. A participación foi do 67,5%.

Begoña Martínez, presidenta do Comité de Almacenes Casán en A Coruña e candidata da CIG, considera que estes resultados representan un recoñecemento ao labor desenvolvido pola sección sindical nestes catro anos. Martínez agradece a confianza que depositaron os traballadores na lista da CIG e agarda que nas próximas eleccións se acade a maioría absoluta. “Seguiremos traballando e informando os traballadores como até agora”. Entre os obxectivos inmediatos sitúa o recoñecemento das categorías e o pagamento das horas extra. Begoña Martínez espera que o aumento da representatividade da CIG no sector do Comercio de Alimentación en A Coruña sirva para negociar un convenio digno.

Resultados nas eleccións ao Comité provincial de A Coruña de Almacenes Casán

Colexio de Especialistas e Non Cualificados

CIG: 253 votos, 8 delegados/as.

USO: 147 votos, 5 delegados/as.

UGT: 81 votos, 2 delegados/as.

Houbo 21 papeletas en branco e 7 nulas.

Colexio de Técnicos e Administrativos

USO: 31 votos, 2 delegados/as.

Contabilizáronse 9 votos en branco e 2 nulos.

*A de USO foi a única candidatura presentada neste Colexio.