marco
Compostela, 16/6/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: Ames : : campaña : : CIG-Correos : : Correos :
A primeira concentración celebrouse o pasado xoves 12 de xuño

CIG-Correos pon en marcha unha campaña en demanda de máis persoal no concello de Ames

CIG-Correos vén de pór en marcha unha campaña en demanda do reforzamento do cadro de persoal desta entidade no concello de Ames. A campaña comezou cunha concentración celebrada o pasado xoves, 12 de xuño e continuará con mobilizacións que se desenvolverán ao longo do ano.

Con esta concentración CIG-Correos quere denunciar a falta de persoal de reparto, a excesiva carga de traballo que ten o actual cadro de persoal e os atrasos no reparto da correspondencia que están padecendo os veciños e veciñas tanto do núcleo de Bertamiráns como das zonas rurais circundantes. Veciño/as que nalgúns casos só están a recibir o correo postal unha vez á semana, cando a lexislación di que debe estar garantido cando menos cinco días por semana.