marco
A Coruña, 17/11/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
O persoal concentrouse en coincidencia coa celebración do congreso galego do sector

Continúan as protestas dos empregados do Comercio

Medio cento de empregados do Comercio vario da Coruña protagonizaron unha concentración de protesta, o 15 de novembro, nas portas do Palexco, recinto onde neses momentos se estaba a celebrar o VI Congreso do Comercio de Galiza.

Os manifestantes permaneceron concentrados no lugar durante a mañá do 15 de novembro en coincidencia coa xornada inaugural deste congreso, ao que asistiron membros destacados da patronal galega do sector, ademais de diversos representantes de institucións públicas como o conselleiro de Industria. O titular desta área da Xunta, da que depende o Comercio, realizou ese día unhas declaracións á prensa nas que dixo que se “comprometía” a mediar no conflito. Pois ben, os traballadores urxen o conselleiro a que realice esas xestións e confían en que non se traten dun mero xesto de cara á galería.

A concentración estivo vixiada de preto por un furgón da UIP (unidade de antidisturbios da policía española). Do mesmo xeito, un axente de paisano tamén controlou cada un dos movementos dos traballadores.

Mobilización previa á folga

De non acadar un acordo, o persoal do Comercio vario da provincia da Coruña irá á folga os días 28 de novembro, 24 de decembro e 5 de xaneiro. Por volta de 15.000 persoas traballan na provincia neste sector.

Novas relacionadas