marco
Vigo, 17/9/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Consensuaranse bases de contratación

Comezan as negociacións do convenio colectivo dos traballadores e traballadoras laborais do concello de Vilariño de Conso

A CIG de Monterrei – A Limia informa de que logo da constitución da Mesa Xeral de Negociación Colectiva de Vilariño de Conso na data de 30 de xullo, o venres día doce de setembro se volveu reunir a mesma para iniciar a negociación do futuro convenio colectivo para os/as traballadores/as laborais do concello e consensuar a aplicación dunhas Bases de Contratación que en adiante se terán en conta para o acceso a calquera posto de traballo no municipio.

Na CIG Monterrei - A Limia pretenden que "tanto o Convenio Colectivo como as Bases de Contratación supoñan un cambio radical na situación laboral das/os traballadoras/es do concello que a día de hoxe viven unha situación de caos e indefinición completa, e un soplo de transparencia e democracia nas futuras contratacións, respectando os principios de igualdade, mérito e capacidade".

Desde esta localidade da CIG lembran que para chegar a este punto foron necesarias moitas e diferentes medidas de presión da CIG e do conxunto do persoal do concello, mesmo a convocatoria de diversos paros con concentracións diante da casa do concello e da Subdelegación do Goberno en Ourense.

Por unha democratización das relacións laborais

A CIG saúda o cambio de postura do Alcalde do Concello, mais adiantan que "non por iso baixamos a garda, á espera de que o proceso de negociacións iniciado acade os obxectivos expostos, comezando pola democratización das relacións laborais do concello de Vilariño de Conso".