marco
Vigo, 17/9/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: folga : : impago : : IPISA : : lousa : : Valdeorras :
Anuncian novas mobilizacións de continuar esta situación

Os traballadores/as de Ipisa acuden masivamente á folga polo impago dos seus salarios

As traballadoras e traballadores de Iberoitaliana de Pizarras (IPISA) secundaron unha xornada de folga en protesta polos continuos retrasos do pagamento dos seus salarios o 16 de setembro, nesta empresa da lousa da bisbarra de Valdeorras. Ás 5,30 h da mañá as/os traballadoras/os de IPISA dos diversos centros e quendas de traballo e de produción que a pizarreira ten en Carballeda de Valdeorras, como se acordara en asemblea do pasado sabado 6 de setembro, concentraronse diante da sede da empresa en a Medua.

A esta hora as traballadoras e traballadores de IPISA empezaron a chegar a Medua, sede de IPISA, a pesares dun forte despositivo da Garda Civil diante da sede central da empresa. Ás 8 horas unianse o groso das/dos compañeiras/os desa quenda a pesares das continuas manobras da patronal para que desistiran da sua atitude, o persoal de IPISA secundou o paro ao 100% .

As 13,30 horas unianse a folga as/os o resto das/os compañeiras/os da quenda de tarde.

Presión da dirección

O director da pizarreira a media mañá mantivo unha conversa cos/as os/as traballadores/as na fabrica, expoñéndolles que desistiran da sua atitude, xa que a moitos traballadores e traballadoras se lle ingresara a paga extra de xullo o sabado, e que a vindeira semana se lles pagaría o mes de agosto.

Ante todo isto, a CIG de Valdeorras avalia que "como sempre a dirección da empresa pretendia dividir aos traballadores, xa que como é habitual no ultimo ano, só paga cando se anuncian mobilizacións, e iso sempre selectivamente a un grupo de traballadores e traballadoras escollidos para dividir e desunir ao persoal (256 traballadoares/as), pero desta vez as traballadoras/es mantivéronse firmes nas súas demandas e solidarios cos compañeiros/as que ainda non cobraron a extra de xullo, e decidiron secundar esta xornada de folga".

Dúas novas xornadas de folga o 24 e 25 de setembro

Tamén se acordou en asemblea, mantida no mesmo centro de traballo que se a empresa non lle paga a extra de xullo a todas e a todos os as compañeiras e compañeiros e o salario do mes de agosto antes do dia 23 de setembro, o 24 e 25 de este mes habera duas novas xornadas de folga. Outro dos motivos para levar adiante este novo paro é se a empresa segue na sua atitude de non afrontar por unha vez todos os problemas que ten co persoal, polo que non se descarta convocar unha folga indefindia.

Sen problemas de liquidez

Desde a CIG de Valdeorras subliñan que "o problema de IPISA non é a falta de liquidez, pois o seu director recoñeceuno diante do comité, que ten a produción vendida para os proximos meses, e que de aquí en diante o mercado como sempre dara un gran pulo despois do inverno, esperando vender toda a produccion. De feito transmitiu ao comité que terian que aumentar a produción de lousa para os vindeiros meses".