marco
A Coruña, 18/10/2007
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: As Pontes : : Einsa : : Pontedeume :
A empresa e CC OO demoraron a súa sinatura

Entra en vigor o acordo atinxido en Einsa

O acordo ratificado o 14 de setembro polos traballadores de Einsa Print International S.A. e Ediciones Informatizadas S.A. entrou en vigor o 18 de outubro, logo de que os representantes da CIG e a empresa o asinasen. Einsa e CC OO, que non o rubricou, puxeron durante este tempo todo tipo de obstáculos para a súa sinatura.

Grazas á rúbrica do acordo, os empregados xa poderán percibir as cantidades atrasadas que lles debía a empresa. A Federación de Químicas e Enerxía da CIG entende que detrás da dilación na sinatura “existen escuros intereses tanto empresariais coma de CC OO para xustificar deste xeito a demora no pagamento dos atrasos, sabedores de que o retraso prexudica gravemente os intereses económicos do cadro de persoal”.

Por outra banda, a CIG-Químicas e Enerxía denunciará nos Xulgados do Social os descontos irregulares nos salarios que lles aplicou Einsa os traballadores por cada xornada de folga que secundaron.