marco
Vigo, 18/11/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
O piquete de Pontevedra percorreu distintas areas comerciais, hospitais privados e complexos deportivos.
A Deputación de Pontevedra foi otro dos espazos visitados, afectado pola folga do convenio provincial de limpeza de edificios e locais.
A Guardia Civil tivo unha actitude hostil cos piquetes no Centro Comercial da Barca, realizando identificacións e restrinxido o dereito á folga e á liberdade de expresión destas traballadoras.
O campus de Pontevedra da Universidade de Vigo continúaba o martes vivindo os efectos desta folga da limpeza.

Amosao na túa páxina 
As folguistas pecháronse na Confederación de Empresarios de Pontevedra

Máis centros de traballo e zonas da provincia afectadas pola folga da limpeza na segunda xornada de folga indefinida no sector

Nova xornada de folga no sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra, que tivo novas accións e obxectivos, neste segundo día de conflito pola negociación do convenio provincial, que continúa paralizado. A folga extendeuse a novas zonas da provincia de Pontevedra como Sanxenxo ou Marín, e afondou nos seus efectos nas áreas comerciais, como El Corte Inglés na cidade de Vigo, que pechou unha parte da tarde. Pola mañá, as traballadoras e traballadores en folga pecháronse na sede viguesa da Confederación de Empresarios de Pontevedra durante case tres horas para demandar solucións a este conflito laboral.
Desde as seis e media da mañá os piquetes de Pontevedra paralizaron a entrada dos camións na factoría de Ence.

Os piquetes comezaron a funcionar nas comarcas de Vigo e Pontevedra desde ben cedo pola mañá. En Vigo volvíase realizar o percorrido polo Campus de Vigo da Universidade desta cidade, e outras áreas comerciais, mentres en Pontevedra desde as seis e media da mañá se cortaba a entrada de camións a Ence.

Deste xeito denunciaban os piquetes as amezas que recibiron as traballadoras e traballadoras da limpeza desta factoría de celulosa (perto de trinta empregadas/os) para non secundar a folga. Os piquetes mantivéronse con estes cortes á entrada de Ence até as nove da mañá. 

Peche na Confederación de Empresarios

Pasadas as once da mañá un numeroso grupo, de máis de 200 persoas, ocupa a sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra, situada na rúa García Barbón en Vigo. Durante a protesta realizaron unha sentada para protestar polo apoio que os empresarios lle ofreceron á patronal na negociación do novo convenio colectivo. Perto da unha da tarde, as traballadoras e traballadores en folga abandonaban o local, despois de conseguir darlle un pouco máis de visibilidade ao seu conflito e denunciar de novo o papel que está a xogar a patronal.

Piquetes en Pontevedra 

Na cidade do Lérez tamén se organizaron piquetes informativos nos predios da Deputación, a Facultade de Belas Artes e o Centro Comercial a Barca, para comprobar que todo seguía sen limpar, como na xornada anterior. Porén, no centro comercial había dúas dotacións da garda civil que actuaron de xeito histil, identificando a varias persoas das que conformaban o grupo de piquetes. Na mañá tamén se achegaron até as faculdades do campus universitario de Pontevedra.

Actividade na tarde

Pola tarde conseguiuse chegar a novas zonas e chegar a novos centros de traballo, como o porto de Marín ou Sanxenxo. Ademais na cidade de Vigo conseguiuse pechar durante unha parte da tarde El Corte Inglés, e os piquetes desprazáronse por outras áreas comerciais como o Centro Comercial Praza Elíptica ou a faculdade de Económicas e Peritos.

Máis imaxes

Podedes atopar máis imaxes destas xornadas de loita das traballadoras e traballadores da limpeza na Galería fotográfica da nosa web.