marco
Vigo, 19/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Negociaranse as outras cuestións pendentes

Desconvocada a folga na empresa Valoriza pola readmisión dos despedidos

Os traballadores de Valoriza conseguiron os obxectivos polo que se convocaba folga nesta empresa de matemento de estradas: a readmisión dos despedidos por represión sindical e a apertura de negociacións para acadar melloras laborais e sociais nos seus postos de traballo.
Xaquín Agulla, secretario comarcal da CIG Construción Pontevedra, na rolda de prensa en Vigo

Este luns 19 de maio quedou desconvocada a folga na empresa Valoriza Conservación de Infraestruturas, que estaba convocada a partir do 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de maio, sendo de carácter indefinido a partires do 3 de xuño de 2008.

Desconvocouse pola readmisión dos tres traballadores que foran despedidos pola dirección da empresa durante o proceso previo ás eleccións sindicais.

Compromiso de negociación

Ademais tamén se conseguiu o compromiso de que nas próximas tres semanas comezará unha negociación tendente a regular e compensar a peculiaridade do servizo prestado polos traballadores: retén de garda, retén telefónico, cuadrante de horas extraordinarias, etc; que foi sempre motivo de conflitos e causa indirecta desta convocatoria.