marco
A Coruña, 19/8/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Os docentes foron represaliados logo de sindicalizárense

CIG – Químicas amosa o seu apoio a 150 mestres despedidos en México

A Federación de Químicas e Enerxía da CIG, integrada na Federación Sindical Mundial, remitiu unha carta de apoio as demandas dos 150 mestres de colexios técnicos despedidos en México por sindicalizárense e esixiren os seus dereitos laborais.

A Coruña, Galiza, a 18 de agosto de 2008

Queremos facerlles chegar o noso máis sincero apoio e solidariedade á vosa denuncia do despedimento de 150 docentes de CONALEP (Colegio Nacional de Educación Profesional Técnica) do Estado de México por sindicalizarse. Non cesedes na loita ante esta situación indigna que responde a unha estratexia de acoso contra a liberdade dos traballadores e traballadoras a esixir os seus dereitos laborais.

Manifestamos o noso apoio ás persoas docentes, que ademais de desenvolver o seu traballo, están loitando conscientemente por construír a Asociación e organizar a loita contra a represión da liberdade sindical.

Non ficamos indiferentes ante esta situación de abuso e, aínda que non nos foi factíbel a asistencia á manifestación, solidarizámonos coa causa e reclamamos que os dereitos fundamentais de liberdade de sindicación sexan adquiridos como dereitos humanos irrenunciábeis para a clase traballadora.

- Abelardo Landeira

Secretario Nacional da Federación de Químicas-Enerxía, (organización afiliada da UISTE-FSM).

Confederación Intersindical Galega