As tres centrais sindicais, asinantes do AGA, decidiron convocar folga polos seguintes motivos:
1."A patronal négase a asumir o Laudo arbitral, onde explica claramente que o aumento económico é acumulativo, en todos os anos do convenio, tendo suba, polo tanto, en todos os conceptos económicos, como se pactou no preacordo.
2. Impugnar un acordo, promovido pola Consellaria de Traballo, onde un mediador, neste caso o Xefe de Inspección de Pontevedra, aclara, sen ningún tipo de dúbida, que o incremento económico é acumulativo, vulnera calquera tipo de acordo futuro.
3. A patronal négase a asinar o convenio colectivo, e a estas alturas do ano as traballadoras e traballadores non teñen o aumento salarial estipulado, perdendo poder adquisitivo.
4. As tres centrais sindicais convocamos a folga para demostrar á patronal que se non asumiron o acordo do mes de xullo, cando comece a folga, empezaremos de cero e xa non vale nada do falado anteriormente.
5. A vulneración do preacordo e a impugnación do Laudo arbitral rompe as relacións laborais cos tres sindicatos, sendo isto non só un problema laboral, senón tamén político".
Asembleas informativas
As tres centrais sindicais realizarán asembleas informativas e preparatorias da folga en todos os locais sindicais. A última será o día 10 de outubro ás 10.30 e 17.30 nos locais da CIG de Vigo.