marco
Vigo, 2/6/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: amianto : : ourense :
Comezan nova campaña

A CIG de Ourense denunciará ás empresas que incumpran a normativa de saúde laboral respecto ao amianto

Malia á campaña de información que desde hai meses está a facer a CIG sobre a perigosidade dos traballos que se realizan con material de fibrocemento, que contén amianto, continúa a haber empresas que non adoptan ningunha precaución e incumpren reiteradamente as disposicións legais de seguridade que recolle o RD 396/2006.
Desde a CIG de Ourense detectaron que non se están a cumprir nos traballos con amianto (fibrocemento) métodos de prevención nin de control sobre ese mineral, que se contemplan na lexislación. (Fotos: ©galizacig.com).

A CIG de Ourense manifestou, a través dun comunicado de prensa, que "ante este desprezo á saúde dos traballadores e traballadoras temos decidido a partir de agora denunciar a todas as empresas que incumpran a normativa".

Primeira denuncia xa presentada

O venres 30 de maio presentouse unha denuncia da CIG na Inspección de Traballo contra unha empresa que está desmontando e cortando placas de fibrocemento que conteñen amianto, reclamando que se levante a correspondente acta de infracción e se paralicen os traballos até que se cumpra coa normativa.

Ao mesmo tempo, a CIG de Ourense deu conta tamén da denuncia á Delegación de Traballo "para que tome as medidas oportunas".