marco
Vigo, 20/12/2007
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
As contratas do Sergas incumpren o acordo de aboar a carreira profesional a traballadoras de limpeza, cociña e mantemento

Concentración polo cumprimento dos convenios de equiparación salarial nos hospitais de Vigo

Desde as dez da mañá un numeroso e ruidoso grupo de traballadoras e traballadores dos hospitais da comarca de Vigo reclamaban a equiparación salarial e o cumprimento dos convenios colectivos para os traballadores e traballadoras que realizan funcións de limpeza, cociña e mantemento.

Os e as traballadoras de limpeza, cociña e mantemento dos hospitais Meixoeiro, Xeral Cíes, Rebullón e Nicolás Peña, manifestaranse durante o mes de decembro para reivindicaren o cumprimento dos convenios colectivos de equiparación salarial. Nos próximos días, se o mércores 19 de decembro se concentraban diante das oficinas de dirección do Nicolás Peña, realizarán concentracións de protesta nos outros centros hospitalarios.

Ao mediodia, e despois de rematar a concentración no Nicolas Peña, realizaron no Hospital do Meixoeiro, coincidindo co día dos pinchos para o persoal, unha nova mobilización, aproveitando que estaba presente a Direccion do CHUVI, para reivindicar de novo o cobro da carreira profisional xa que están equiparados cos traballadores e traballadoras do Sergas.

Neste momento as empresas contratadas polo Sergas incumpren o novo acordo salarial de aboar a carreira profesional para o persoal subalterno, debendo un total de 840 euros. Só na comarca de Vigo son máis de 300 traballadoras e traballadores afectados, sendo este un problema que se da en todo o ámbito galego.

Folga a nivel galego

A protesta deste colectivo é “contra as empresas adxudicatarias e contra o Sergas que non quere recibirnos nin quere arranxar esta situación, e que se non o fai, obrigarannos a convocar unha folga a nivel galego”.