marco
A Coruña, 21/4/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
EMPRESA E TRABALLADORES REUNIRÁNSE O 28 DE ABRIL E O 5 E 7 DE MAIO

O comité de Albada avalía como positiva a xuntanza desta mañá

O comité de Albada cualifica como positiva a reunión desta mañá coa empresa, a primeira mantida entre as partes desde o 11 de abril, data na que os traballadores referendaron o acordo atinxido entre os seus representantes e a empresa acerca da negociación do convenio colectivo.
Concentración do persoal de Albada en María Pita, realizada o 2 de abril.

A empresa comprometeuse a presentar ante a parte social na vindeira xuntanza unha proposta de repartición de salarios, das categorías profesionais e da xornada.

As próximas reunións hanse celebrar os días 28 de abril e 5 e 7 de maio, ás 11:30 horas, no Local de Sindicatos.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS