marco
A Coruña, 21/4/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
A PROTESTA ESTENDERASE DESDE AS 14:00 ÁS 14:20 HORAS

Os traballadores de MARTINSA-FADESA concentraranse o mércores fronte á empresa

A asemblea de traballadores de MARTINSA-FADESA acordou esta tarde realizar unha concentración ás portas da empresa este mércores, 23 de abril, desde as 14:00 ás 14:20 horas. Con esta primeira medida de protesta, o comité e o conxunto dos traballadores queren evidenciar a súa oposición total aos novos despedimentos proxectados pola inmobiliaria a ao posíbel desmantelamento da súa sede en A Coruña.
Sede de MARTINSA-FADESA en A Coruña.
Os traballadores aumentarán as mobilizacións se o plan de emprego que a empresa se comprometeu a presentar en maio é insatisfactorio e lesivo aos intereses do cadro de persoal da MARTINSA-FADESA. O comité de MARTINSA-FADESA xa expresou a semana pasada a súa máxima preocupación ante a situación crítica que atravesa a inmobiliaria, como así llo confirmaron representantes da empresa nunha reunión na Inspección de Traballo celebrada hai dúas semanas. Nesta xuntanza, MARTINSA-FADESA confirmou que o número de despedimentos ha superar os 74 que anunciara no pasado mes de novembro. Desde que Martinsa adquiriu Fadesa, máis do 50% dos postos da inmobiliaria existentes en A Coruña se viron afectados. Actualmente traballan na sede coruñesa uns 210 empregados.