marco
Vigo, 21/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
O mesmo 12 de maio o Comité de Cedonosa e os sindicatos tamén se reuniron co Delegado Provincial de Traballo, Pedro Borrajo (no centro da imaxe).
Xestións sen efecto

Concentración diante de Cedonosa para recuperar a subministración eléctrica na fábrica

Nos últimos días por parte do Comité de empresa e das centrais sindicais (CIG, CCOO e UGT) mantivéronse diversas reunións coas Administracións (Consellería de Industria, Consellería de Traballo e IGAPE, así como coa comisión de seguimento do Concello de Catoira), pero tamén coa Dirección da Empresa, a última foi o 20 de maio.
A Delegada Provincial de Industria, Montserrat Prado (no centro da imaxe) reuniuse o pasado 12 de maio co Comité de Cedonosa, acompañados das tres centrais sindicais presentes na empresa.

Estas xuntanzas pretendían en primeiro lugar conseguir restablecer o subministro de enerxía eléctrica para poder comezar a producir e a restablecer a marcha normal da empresa, xa que a falla de productos en stock, leva consigo a que diversos clientes xa estean sen servir por falla de material que vender.

Todas estas xestións ate o momento non surtiron ningún efecto, xa que o día de hoxe, o subministro de enerxía eléctrica, aínda non foi reposto.

Sen vontade por parte da Dirección

Por parte da Consellería de Industria, se nos ten manifestado as accións que están a levar a cabo para que este servicio sexa restablecido de inmediato, aínda que por parte da empresa non se nos pode concretar a data e polo tanto cada día que pasa a impresión que teñen por parte dos traballadores "é que non existe unha vontade clara por parte da Dirección de poñer a producir a factoría, pola deixadez que estamos observando, cando xa pasou case un mes desde que se produxo o corte".

A vista disto, o Comité de Empresa acordou empezar coas mobilizacións que se realizaran a partir do xoves, 22 de maio a partires das 12 da mañá, todos os días laborables e diante das instalación da fabrica en Catoira, neste primeiro momento ate que non se reanude o subministro e comece a producir.