marco
Compostela, 21/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Amosao na túa páxina 
Os alumnos de Filosofía sumáronse á concentración

Entréganse no rexistro de Educación preto de 2.700 sinaturas en demanda doutro Decreto de Bacharelato

Continuando coas mobilizacións en demanda doutro decreto de bacharelato, na mañá deste mércores 21 de maio, representantes da CIG-Ensino entregaron no rexistro da consellaría de Educación, preto de 2.700 sinaturas -que veñen sumarse ás xa entregadas e que se incrementarán coas que se recollan nos vindeiros días- en apoio a esta solicitude. Previo o acto de entrega celebrouse unha concentración en San Caetano á que se sumaron alumnos de Filosofía denunciando entre outras cousas que “a consellaría mata a Filosofía”.

O obxectivo de todas as accións e mobilizacións levadas a cabo pola CiG-Ensino e polo profesorado afectado é o de mudar este decreto porque se fundamenta nunha visión centralista e confesional do sistema educativo, impedindo un desenvolvemento curricular propio. Por iso, reclaman:

  1. O incremento dunha hora na carga lectiva prevista pola Consellaría nas materias de Filosofía e Cidadanía e Historia, mantendo así a distribución horaria que ten na actualidade. A proposta resúmesena demanda de:
  2. un ensino laico, que a materia de relixión estea fóra do horario lectivo ordinario dos centros.
  3. que todos os centros que dispensen ensinanzas de Bacharelato deben impartir, como mínimo, dúas modalidade e garantir que o alumnado poida cursar calquera materia propia da súa modalidade.
  4. que todos os centros que impartan a modalidade de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía terán que ofertar todas as materias propias da súa modalidade, incluídas Electrotecnia e Tecnoloxía Industrial I e II.
  5. que todos os centros ofertarán como optativa Música, tanto en primeiro curso como en segundo, podendo ser cursada nos dous cursos polo alumno/a. Así mesmo, deben incluírse como optativas de oferta obrigatoria nos centros as materias de Historia e Xeografía de Galiza, Historia da Música e unha materia optativa vinculada á Educación Física.
  6. a dotación suficiente de profesorado en todos os centros para que o alumnado que non ten que repetir curso completo, non comporte incrementar o número de alumnado por aula que, para nós, non debe exceder de 25 alumnos/as.

Filosofía ou barbarie

Mediada a concentración, alumnos e profesores de Filosofía chegaron en manifestación a San Caetano. Ademais de denunciar a actitude da conselleira, exixiron un ensino laico e demandaron máis filosofía nos centros.

Pero esa demanda non só a fixeron coreando consignas. Rapaces e rapazas quitaron as camisetas. No corpo levaban gravada, cada un, unha letra. No conxunto podíase ler claramente “Filosofía ou barbarie”. Esa é a súa demanda e esa é tamén a súa advertencia.